Eduardo Chillida
Eduardo Chillida Juantegui, nado en Donostia o 10 de xaneiro de 1924 e finado na mesma cidade o 19 de agosto de 2002, foi un escultor vasco.
Traxectoria
editarPrimeiro foi futbolista na Real Sociedad de Fútbol de Donostia, pero tivo que deixalo por unha lesión. Estudou arquitectura en San Sebastián e Madrid, e abandonou a carreira comezando a estudar debuxo no Círculo de Belas Artes de Madrid. Trasládase a París e casa ó ano seguinte con Pilar Belzunce, comezando o mesmo ano a súa longa carreira na que destacaría o Peite do Vento, escultura en aceiro que se instalou en Donostia en 1971. No ano 1975 deseñou o logotipo da Universidade do País Vasco[1]. Recibiu diversos premios, entre eles o Princesa de Asturias das Artes en 1987.
Na última parte da súa vida, Chillida constituíu o museo Chillida-Leku, inaugurado en 2000 no casarío de Zabalaga (no concello de Hernani, xunto a San Sebastián) unha fermosa construción tradicional vasca remodelada polo escultor e rodeada dun grande espazo de xardíns coa maior colección da obra do artista.
Un dos seus proxectos máis afamados e polémicos, aínda que inconcluso, foi o baleirado da montaña Tindaya, na illa canaria de Fuerteventura, co obxectivo de crear no seu interior un inmenso cubo no que se simbolizaba a lúa e o sol.
Outras obras sinaladas
editarNotas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduardo Chillida |
Bibliografía
editar- "Muere Chillida, el escultor español más universal", en El País, 20.08.2002.