Ángel Botello Barros

Ángel Botello Barros, nado en Cangas o 20 de xuño de 1913 e finado en San Xoán de Porto Rico o 11 de novembro de 1986, foi un pintor galego.

Infotaula de personaÁngel Botello Barros
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1913 Editar o valor em Wikidata
Cangas, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de novembro de 1986 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
San Xoán, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCancro de pulmón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
España Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Nacional Superior de Belas Artes Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webbotello.com Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Ángel Botello Suárez, un conserveiro andaluz instalado en Cangas, que en 1918 trasladou a súa industria a Vigo onde pasou a vivir a familia. O seu pai morreu ese ano pola gripe. A nai, Bonifacia Barros, filla de Serafín Barros, fíxose cargo da industria pero en 1926 a familia tivo que emigrar a Bordeos. Alí comezou en 1930 os estudos de pintura, modelaxe e debuxo na Escola de Belas Artes e participou nalgunhas exposicións colectivas. En 1935 ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando grazas a unha bolsa de estudos concedida polo conde de Cartagena. Pasou breves períodos en Cangas e Vigo.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a súa competencia como debuxante fixo que se integrase na Unidade de Cartografía do Exército da República, que dependía do xeneral Enrique Líster. Cando rematou a guerra exiliouse en Francia coa súa nai e dúas irmás, e en 1940 conseguiu chegar á República Dominicana. Pasou despois a Cuba, Haití e Estados Unidos ata a súa definitiva radicación en Porto Rico. En Haití viviu entre 1944 e 1953, alternando estancias ocasionais en Porto Rico como profesor de debuxo na escola de Edna Coll e Nova York. A súa vida alí resultou decisiva, pois coñeceu á súa muller Christiane Auguste, coa que casou en 1945. En 1953 marchou a San Xoán de Porto Rico, onde abriu unha galería no hotel Caribe Hilton. Nove anos despois abriu unha segunda galería na parte vella de San Juan. En Porto Rico coincidiu con Eugenio Fernández Granell e Francisco Vázquez Díaz, "Compostela". Afectado por un cancro de pulmón, no seu último ano de vida desenvolveu unha frenética actividade para deixarlle á súa familia o maior legado artístico.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar