Abrir o menú principal

Francisco Vázquez Díaz

escultor galego (1898-1988)

Francisco Vázquez Díaz, coñecido como Compostela, nado en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1898 e finado en San Juan de Puerto Rico o 21 de febreiro de 1988, foi un escultor galego.

Francisco Vázquez Díaz
Francisco Vázquez Díaz Compostela 1933.jpg
Compostela esculpindo "Mariñeiros de Bouzas", 1933.
Nome completoFrancisco Vázquez Díaz
Nacemento7 de setembro de 1898
 Santiago de Compostela
Falecemento21 de febreiro de 1988
 San Xoán
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescultor
editar datos en Wikidata ]
Compostela esculpindo o busto "A Pepe", retrato en Vida Gallega, 1933.

TraxectoriaEditar

Fillo dun canteiro, profesión que adoptou dende novo. Traballou en talleres composteláns e en 1920 marchou a Madrid para ampliar os seus coñecementos artísticos. De formación autodidacta, deuse a coñecer o día de ano novo de 1927 cando colocou as súas tallas de animais a carón dos leóns do Congreso dos Deputados, como acto reivindicativo por non dispor dun lugar axeitado para facer unha exposición. Foi expulsado pola Garda civil, pero a acción iconoclasta acadou o seu obxectivo pois, ao día seguinte o artista era coñecido en toda España.

Encargouse da decoración do pavillón de Galicia da Exposición Iberoamericana de 1929 en Sevilla. En 1930 a Deputación da Coruña concedeulle unha bolsa para ampliar estudos no estranxeiro e viaxou a París, onde estivo dous anos. Ao seu regreso realizou unha serie de exposicións en Madrid, Santiago de Compostela e A Coruña, que o proxectaron como un dos máis destacados escultores do momento.

A sublevación do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en París. Foi o escultor oficial do Quinto Rexemento durante a Guerra Civil e autor de bustos de Rafael Alberti, José de Diego e Luis Muñoz Rivera. Ao comezo da II Guerra Mundial foi detido nun campo de concentración no sur de Francia. De alí puido emigrar a República Dominicana en decembro de 1939. En outubro de 1940 viaxou a Porto Rico, invitado polo reitor da universidade, Juan B. Soto, para realizar demostracións de talla directa en madeira e expor as súas esculturas. Estableceuse en San Juan de Puerto Rico e casou coa profesora Margot Arce en 1942. Desenvolveu un labor pedagóxico no Instituto de Cultura Portorriqueña como director dos talleres de escultura ata a súa xubilación en 1968.

A súa obra é, en parte, unha homenaxe á patria adoptiva. Tamén fixo algúns monumentos en pedra destinados a honrar a memoria de personaxes distinguidos: o poeta P. H. Hernández, o actor cómico Diplo e o soldado García Ledesma. Conseguiu sona a través das representacións de temática animalística (Crocodilo, Foca, Camelos, Cebú, Monos...) e especialmente coa serie de pingüíns humanizados e satíricos (Pingüín académico, Pingüín mona, Pingüín abade...), feitos en madeira e cos que fixo unha crítica divertida a diversos personaxes, entre eles, algúns da sociedade galega.

HomenaxesEditar

De novembro de 2002 a febreiro de 2003, a súa obra volveu a Santiago de Compostela na mostra de 26 debuxos que realizou antes da Guerra Civil e algunhas das súas esculturas en madeira no Museo das Peregrinacións.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar