Serafín Barros
Serafín Barros Otero, nado en Aldán (Cangas) o 16 de maio de 1837 e finado en Cangas o 3 de abril de 1912, foi un funcionario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de maio de 1837 Aldán, España |
Morte | 3 de abril de 1912 (74 anos) Cangas, España |
Alcalde de Cangas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | funcionario , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Fillo de Carmen Barros Otero e de pai descoñecido. En 1856 realizou a súa primeira viaxe a Cuba, onde desenvolveu traballos para a Administración. Retornou a Cangas en xuño de 1862. Seguiu viaxando a Cuba durante o outono e o inverno, traballando alí como funcionario de Aduanas. Foi alcalde de Cangas en dúas ocasións. Finou en Cangas o 3 de abril de 1912.[1][2]
Predecesor: ? |
Alcalde de Cangas 1899 - 1903 |
Sucesor: ? |
Predecesor: ? |
Alcalde de Cangas 1910 - 1911 |
Sucesor: ? |
Recoñecementos editar
- Cruz da Orde de Isabel a Católica.
Vida persoal editar
Casou con Catalina del Amo o 17 de setembro de 1863, coa que tivo cinco fillos: Eugenio, Timoteo, María Dolores, Carmen e Acacia. Logo da morte de Catalina, casou coa súa cuñada Bonifacia del Amo o 6 de xullo de 1881, coa que tivo outros cinco fillos: Alicia, Marina, Bonifacia, Nieves e Emma. A súa filla Nieves Barros del Amo casou con José Mª Bolíbar Massó, irmán de Luís Bolívar Massó.
Notas editar
- ↑ La Región, 5-4-1912, p. 2.
- ↑ Serafín Barros, entre a realidade e a ficción