Luís Bolívar Massó

industrial e político galego

Luís Bolíbar Massó,[1] finado en Cangas o 14 de novembro de 1939,[2] foi un industrial conserveiro e político galego.

Infotaula de personaLuís Bolívar Massó
Biografía
Morte14 de novembro de 1939 Editar o valor em Wikidata
Cangas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Francisca Massó Ferrer e Tomás Bolívar Galup. Dono da fábrica de conservas Massó Hermanos da ría de Aldán. Nos últimos anos da ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Cangas e elixido primeiro tenente de alcalde.[3] Volveu ser nomeado primeiro tenente de alcalde en abril de 1930, na corporación presidida por Indalecio García Soto.[4] Foi elixido concelleiro nas eleccións do 12 de abril de 1931.[5] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado primeiro tenente de alcalde de Cangas en marzo de 1938 na corporación presidida por Joaquín Carnero Graña.[6]

Vida persoal editar

Nunca casou.[7]

Notas editar

  1. Tamén aparece escrito como Luís Bolíbar Massó
  2. El Pueblo Gallego, 15-11-1939, p. 2, 3.
  3. El Pueblo Gallego, 14-8-1928, p. 5.
  4. El Pueblo Gallego, 13-4-1930, p. 12.
  5. El Pueblo Gallego, 21-4-1931, p. 11.
  6. El Pueblo Gallego, 22-3-1938, p. 3.
  7. "La saga artística de Serafín Barros". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar