Tomás Barros

(Redirección desde «Tomás Barros Pardo»)

Tomás Barros Pardo, nado en Toledo o 3 de febreiro de 1922 e finado na Coruña o 3 de setembro de 1986, foi un pintor e escritor galego.

Infotaula de personaTomás Barros
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Toledo, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 1986 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalMaxisterio, Belas Artes
Actividade
Ocupaciónpintor , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPintura, poesía, teatro
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 623

Pintor, poeta, ensaísta, autor teatral, novelista, articulista, catedrático, e membro correspondente da Real Academia Galega, Tomás Barros é un dos intelectuais galegos máis prolíficos do extrañamento interior, grupo de intelectuais antifranquistas que non optaron polo exilio pero cos que compartiron inquedanzas e colaboracións, tal como sucedeu no caso de Barros con Luís Seoane, Rafael Dieste, Vicente Aleixandre, Celso Emilio Ferreiro ou seu primo Isaac Díaz Pardo.[1]

Traxectoria editar

Nado accidentalmente en Toledo en 1922, a familia retorna en 1929 á cidade orixinaria dos seus pais, Ferrol, onde residirá o resto da súa infancia e adolescencia. Tras estudar Maxisterio en Santiago de Compostela, marcha a Madrid en pos da licenciatura en Belas Artes da academia de San Fernando. Durante máis de trinta anos exercerá a Cátedra de Debuxo e Expresión Plástica na escola de Maxisterio da Coruña, compaxinando a docencia coa creación artística ata o final dos seus días.

A súa actividade literaria desprégase dende os inicios da década dos 50, coa publicación da súa primeira obra poética en 1950 baixo o título de Gárgolas, e a fundación en 1952 da revista de poesía e crítica literaria Aturuxo, xunto ós ferroláns Mario Couceiro e Miguel Carlos Vidal.[2] O longo da década Barros publica sucesivas obras poéticas e teatrais, así como unha crecente produción ensaística en periódicos e revistas. En 1975 funda a revista de poesía Nordés xunto a Luz Pozo Garza, e en 1973 acada o Premio Internacional de Poesía do Círculo de Escritores y Poetas Iberoamericanos de Nova York.

En 1980 foi escollido membro correspondente da Real Academia Galega por unanimidade.[3] Nesa década a produción literaria de Barros inclúe varias pezas dramáticas e abundantes artigos xornalísticos e de ensaio. En 1986 foi proposto por Xosé Leyra como membro da Real Academia Galegas de Belas Artes, aínda que non ingresou polo seu pasamento.[3]

Discípulo de Bello Piñeiro e admirador de autores como Vincent van Gogh e Georges Rouault, a súa produción pictórica evolucionou do realismo cara ao expresionismo.[4] Nunha primeira etapa, foi influído por movementos de vangarda como o postimpresionismo, o expresionismo e o fauvismo.[2] Cadros como El aparecido e El testigo responden a modelos desta última corrente. Posteriormente, nunha segunda fase, expresionista, amosa unha crecente tendencia abstractiva a partir da década dos 60, caracterízase por unha preocupación polo ritmo, a forma e a cor manifesta polo propio artista en varios dos seus ensaios. A súa obra tamén presenta a influencia de movementos relixiosos orientais, que influíron sobre o seu pensamento.[5]

Participou en diferentes exposicións tanto en Galicia como no estranxeiro, salientando a de Ansdell Gallery de Londres.

O 27 de outubro de 2017 os fillos de Sara Cao e Tomás Barros doaron á Real Academia Galega todo o arquivo do autor (escritos, manuscritos, correspondencia, recortes de prensa, borradores, gravacións, orixinais de libros etc.) co fin de garantir a súa divulgación entre os investigadores e na sociedade en xeral. A institución comprométese a conservar toda a documentación, a preservar a súa unidade e a facilitar a súa consulta e difusión.[6]

Dá nome a un centro educativo privado de formación profesional do barrio coruñés da Agra do Orzán aberto en 2000.[7]

Obra escrita en galego editar

 
Retrato de Ricardo Carballo Calero, obra de Tomás Barros, nunha exposición, na rúa, co gallo do Día das Letras Galegas de 2021.

Poesía editar

Teatro editar

  • Tres pezas de teatro, 1981, Ediciós do Castro.
  • A casa abandoada, 1985.
  • Fausto, Margarida e Aqueloutro, 1993, Ediciós do Castro.

Obras colectivas editar

  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Ediciós do Castro (edición bilingüe galego-castelá).

Obra escrita en castelán editar

Poesía editar

  • Gárgolas, 1950, Benito Soto.
  • El helecho en el tejado, 1957.
  • La estrella y el cocodrilo, 1960, Ferrol.
  • Los ojos de la colina, 1963, Bilbao.
  • A imagen y semejanza, 1973, CLA, Bilbao.

Teatro editar

  • Panteón familiar, 1956.

Narrativa editar

  • El rastro invisible, 1990, Ediciós do Castro.

Ensaio editar

  • Los procesos abstractivos del arte contemporáneo, 1965, Ediciós do Castro.
  • Sobre el origen de la corteza en los astros, 1973.

Notas editar

  1. Coruña, Redacción A. (2008-04-04). "Santiago muestra la obra universal del artista coruñés Tomás Barros". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-02-04. 
  2. 2,0 2,1 La Noche, 13-9-1952, p. 3.
  3. 3,0 3,1 Muruais, Perfecto Conde (1980-03-25). "Tomás Barros, académico de la Lengua Gallega". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-02-04. 
  4. "Tomás Barros". Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo. 2013-04-12. Archived from the original on 12 de abril de 2013. Consultado o 2022-02-05. 
  5. "TOMÁS BARROS - Afundación". www.afundacion.org. Consultado o 2022-02-04. 
  6. EFE (2017-10-27). "La Real Academia Galega recibe en donación el archivo personal del académico Tomás Barros". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-02-04. 
  7. Barros, Centro Tomás. "Sobre el Centro Tomás Barros· Formación Profesional". Centro Tomás Barros · Formación Profesional (en castelán). Consultado o 2022-02-04. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • IRIZARRY, Estelle e POZO GARZA, Luz: Estudios sobre la obra de Tomás Barros, Universidade da Coruña, 1992.
  • LOPEZ GARCÍA, Antía: Tomás Barros. Tal vez unha sede de luz, Biblioteca Ferrolterra, 2001.
  • McDERMID, Paul: "Tomás Barros and his Faust: Love, Mystery and Synchronicity", en Galicia 21, 2011

Ligazóns externas editar