Luís Borrajo

escultor galego (1950-2005)
(Redirección desde «Luis Borrajo»)

Luís Borrajo Vázquez, nado en Ourense en 1950 e finado o 15 de decembro de 2005, foi un escultor galego que levou a cabo toda a súa produción nun estudio situado na localidade ourensá de Vilardevós.

Luís Borrajo
Nacemento1950
Lugar de nacementoOurense
Falecemento15 de decembro de 2005
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescultor
editar datos en Wikidata ]
"Muller espida". Escultura de Borrajo. Alameda de Ourense.
"Encontro cardinal". Escultura que se amosa na avenida Xoán XXIII, de Santiago de Compostela, deseñada por Julio Camba e esculpida por Luís Borrajo en 1998.

Traxectoria editar

Formado en Madrid na tradición construtivista das vangardas históricas. Nos inicios amosa puntos de encontro cos aceiros de Anthony Caro e Eduardo Chillida. Porén, a partir dos anos 80 comeza a empregar a madeira, creando imaxes e aveños da antropoloxía material do labrego galego. O finais dos anos 80 volve ao aceiro industrial.

Borrajo cultivou especialmente a escultura monumental de obra pública[1]. Del salientaron os críticos o seu rigor técnico no dominio da fundición, o corte e a soldadura dos metais. Cualificárono como "un dos representantes da escultura como construción e espazo social, herdeiro dunha tradición que iría de Malevich a Oteiza e Chillida, pasando por Caro, que incorpora o aceiro industrial asociado á estrutura xeométrica da madeira"[2]. Salienta o interese de Borrajo polo concepto espacial e a pluralidade de ángulos, o achegamento e o acoplamento de láminas de aceiro oxidado.

Notas editar

  1. La escultura como espacio social Arquivado 20 de setembro de 2016 en Wayback Machine.. En La Voz de Galicia. 16 de decembro de 2015.
  2. Castro, Antón. Proxecto editorial Galicia. Hércules Ediciones. A Coruña.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández Cid, Miguel; Castro, Xosé A. Pintores e Escultores Galegos na EXPO 92. Xunta de Galicia, 1992. Catálogo de exposición.

Ligazóns externas editar