Daniel Río Rubal

escultor e ceramista galego (1955- )


Daniel Río Rubal, nado en Mondoñedo o 6 de marzo de 1955, é un escultor e ceramista galego[1][2], coñecido co pseudónimo de Caxigueiro.

Infotaula de personaDaniel Río Rubal

escultura de Caxigueiro Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Educacióncerámica de Sargadelos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , ceramista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

As súas primeiras exposición foron en Lugo (1980)[1] e na Bienal de Pontevedra (1981)[2]. Tras o seu paso polo Seminario de Estudios Cerámicos (Sargadelos), ditos materiais forman parte fundamental da súa obra. A narración e a temática social, entre outras, forman a base da súa obra[2]. Reflexiona sobre cuestións que condicionan o desenvolvemento vital, tanto individual coma colectivo[3]. Dende 1990 interésase pola instalación, aínda que a miúdo tamén se expresa a través doutras disciplinas (escultura, fotografía, poesía etc). Ten participado en diversas feiras internacionais de Arte Contemporánea, como: ARCO (Madrid), Foro Atlántico (A Coruña e Pontevedra) ou FIL (Lisboa), e as súas obras forman parte de coleccións como Fenosa ou Abanca[4].

Nos anos 2010 creou xunto coa súa dona, Flor Núñez, Espazo Caritel.

Obra editar

 
Escultura no Espazo Caritel

Instalacións editar

  • 1990. "Guerreiros" Museo Pablo Gargallo Zaragoza.
  • 1992. "Sair, Mudar". Urxencias III, Moaña.
  • 1996. "O Bosque das Ausencias" Galería Clérigos. Lugo.
  • 1998. "A linguaxe da memoria" Galería Pardo Bazán. A Coruña.
  • 1999. "Xeografías" V Foro Atlántico, stand Galería Pardo Bazán.
  • "Camuflaxe" Galería Bacelos, Vigo.
  • 2000. "Tras do Silencio", stand Galería Bacelos (Madrid, ARCO).
  • 2004/2005. Narracións (con música de Ugia Pedreira), Museo Provincial, Lugo[5]
  • "Linguaxe e memoria", Galería SCQ, Santiago.
  • 2002. CAI Luzán (Zaragoza)[6]
  • 2003. Xornadas Gastronómicas. Galería Pardo Bazán. A Coruña
  • 2004. Palestina(vídeo-instalación). Museo provincial. Lugo
  • 2006. O rapto da Paisaxe. Centro Torrente Ballester. Ferrol[7]
  • 2007. O noso mar. Centro Torrente Ballester. Ferrol
  • 2012. Diálogo Interior. Cidade da Cultura. Santiago.
  • 2019/2020. A métrica do ilusionismo. Museo Provincial. Lugo[8] Catálogo presentado de xeito virtual en decembro de 2020.[9]

Exposicións institucionais editar

  • 1993. "Trazos e Camiños". Itinerante.
  • 1994. "Escultura Ibérica actual". Itinerante.
  • 1997 . "De Asorey ós 90. A escultura moderna en Galicia" (Auditorio de Galicia).
  • 2000. "Galicia Terra Única" (Fundación Barrié).
  • 2000. Escultura gallega Contemporánea. La cerámica como punto de partida. Itinerante
  • 2000. Diálogos co Silencio. San Domingos de Bonaval. Santiago
  • 2002. 2 culturas,un diálogo. Itinerante
  • 2005. Amurallando a sombra dos soños. Museo Provincial. Lugo
  • 2006. La cerámica española y su integración en el arte. Museo Nacional de Cerámica. Valencia[10]
  • 2008. Escultura Cerámica Ibérica contemporánea. Itinerante[11]
  • 2008/2009 Proxecto Abertal (Lugo)[12]
  • 2009. Portas da Luz. CGAC. Santiago
  • 2012. "Os ollos das Palabras" (Cidade da Cultura, Santiago, con Baldo Ramos)[13]
  • 2016. Camiño de Volta. Casa da Parra. Santiago[14]
  • 2016. Fuera de Serie. De la Provocación a la Ilusión. Museo Nacional de Cerámica. Valencia[15]
  • 2018. Galicia Universal. A Arte Galega nas Coleccións Abanca e Afundación. Cidade da Cultura. Santiago

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Daniel Río Rubal Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Daniel Río Ruibal". Afundacion (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  3. "caxigueiro". caxigueiro. Consultado o 2018-11-12. 
  4. "Caxigueiro Escultura Cultura Galega". cultura.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  5. "Ouvrages de référence" (en francés). 2017-12-21. 
  6. "Daniel Caxigueiro expone en CAI Luzán". El Periódico de Aragón (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  7. https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.2626.php
  8. Tríptico 'a métrica do ilusionismo'. Rede Museística Provincial, 2019
  9. "Presentacion catálogo "a Métrica do Ilusionismo"". Consultado o 2020-12-06. 
  10. "Alfar Galería Azul Artículos Exposiciones La Cerámica española y su integración en el Arte". alfargaleriaazul.com (en castelán). Consultado o 2018-11-12. 
  11. "Reportaje Paseo por la historia de la cerámica Ibérica". El País (en castelán). 2007-04-11. ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-11-12. 
  12. "Proxecto Abertal, 99 artistas lucenses do século XXI / Rede Museística provincial de LUGO". redemuseisticalugo.org (en castelán). Consultado o 2022-05-17. [Ligazón morta]
  13. "Exposiciones". Revista Cerámica. Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  14. https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.14967.php
  15. https://www.mecd.gob.es/mnceramica/dam/jcr:ef32cce1-b5f4-4a8d-8ab1-5f3b375bdbd7/dossier-de-prensa-fuera-de-serie.pdf

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Carmen González Borras. Geschichten von Krieg und Frieden. Keramik Magazín Europa nº 6. 2007

Ligazóns externas editar