Ugia Pedreira
Maria Eugénia Pedreira Sanches, máis coñecida como Ugia Pedreira e A Pedreira,[1] nada en Vilaronte, Foz, o 10 de febreiro de 1970[2][3] é unha cantante galega. O seu repertorio abarca folk, ska, música electrónica, música latina e boleros.
(2008) | |
Nome orixinal | Maria Eugénia Pedreira Sanches |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de febreiro de 1970 (54 anos) Vilaronte, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, compositora, poetisa |
Xénero artístico | Poesía |
Traxectoria
editarNaceu no Hospital da Milagrosa (Lugo) e criouse en Vilaronte (Foz) ata os 18 anos en que marchou a Santiago a estudar Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.
Recibiu clases de canto con Ramón Bermejo, de pandeireta con Felisa Segade, achegouse á danza contemporánea da man de Mercé de Rande, e ao teatro con Cristina Domínguez e Alfredo Rodriguez.[4] Impartiu aulas de pandeireta, canto tradicional e pedagoxía musical.[5]
Comezou sendo coñecida na música galega polos tres discos editados co seu grupo de folk, Chouteira (voz solista desde 1993) co que conseguiu varios premios,[5] e polas súas constantes colaboracións e heteroxéneas creacións.
Desde os anos 90 tivo presenza constante na música rock galega da man de tres grandes bandas: Xenreira, Nen@s da Revolta, a Matraca Perversa, e despois volveu aparecer co novo proxecto de Marcos Payno, Galegoz.[6]
Creou no ano 2000 o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín (CMTF) e, desde aquela dirixiu este centro referencia do folk en Galiza xunto á asociación paralela do CMTF que realizou encontros internacionais entre creadores, intercambios, intensivos, e monográficos. Tamén deseñou innovadores proxectos curriculares de centro e aula para a música feita en Galiza, escritos pedagóxicos e filosóficos en relación co ensino para nenos e adultos. No ano 2008, o CMTF de Lalín transformouse en aCentral Folque, no Centro Galego de Música Popular e instaláronse en Santiago de Compostela. Posteriormente, aCentral Folque tanto como asociación e empresa chegou a estar formada por 22 traballadores da cultura musical galega.[7] Neste centro naceron proxectos como Nordestinas, Marful, Ecléctica Ensemble e despois un dúo musical con Óscar Fernández (os Cempés, Bonovo). Traballos: zanfona electroacústica e voz, romances tradicionais e composicións actuais.
No verán de 2010 saíu a súa primeira obra asinada en solitario: un libro-cd de poemas e cancións Noente Paradise (Através Editora, 2010).
En 2014 deixou temporalmente os escenarios.[8]
O tema Tris tras, composto en 2000 e gravado en 2006 por Ugia Pedreira con Marful, foi elixido pola cantante Sabela para interpretar no concurso Operación triunfo de TVE en 2018.
No 2019 publicou con Pierrot Rougier o libro-disco, en A comuna do barruzo. O traballo con textos en galego de Asturias, foi editado por aCentral Folque.[9]
En abril de 2022 publicou o seu primeiro disco en solitario: Segmento Cantábrico. Un traballo que trata de sinalar a relación histórica entre os pobos e tribos da beira do mar Cantábrico.[10]
Proxectos
editar- Creou un programa na Radio Galega chamado Tres peixes voando sobre música de autor de todo o mundo en calquera xénero, xunto con Xabier Díaz e Guillerme Fernández (de Berrogüetto). Eles tres tocaron en xuño do 2007 por vez primeira no Gran Teatro da Habana na Sala Lecuona e presentaron a música galega aos medios de comunicación da illa como parte do Departamento de Internacionalización da Música que tiña o goberno bipartito. Abandonou o programa e a sección musical chamada "Folla de Ruta" na Radio galega no 2009 ao mesmo tempo que Xurxo Souto.
- O Musical Dillei co actor Carlos Blanco e a agrupación Ecléctica Ensemble.[11][12]
- Colaborou con Eliseo Parra.[cando?]
- Autora dos coros do espectáculo de Antón Reixa Galicia Babie, colaborando con xente como Fermin Muguruza, Julián Hernández, Mercedes Peón, Amparanoia, Rui Reirinho ou Karen Matheson (cantante de Capercaille).[13] Acadou ese papel mercede a Kaki Arkarazo, director da banda Suevia que musicaba o espectáculo.
- Fixo a versión de Gracias a la vida de Violeta Parra para o grupo de ska italiano Banda Bassotti, colaborando na presentación deste disco en Roma.[14]
- Participou no espectáculo feminino galego Son delas con Mercedes Peón, Uxía Senlle e Rosa Cedrón.
- Participou no segundo disco de Susana Seivane e no de Os Cempés Circo Montecuruto.
- Compuxo a música para a exposición Narracións do escultor galego Caxigueiro.
- Compuxo a música para a curtametraxe de Alex Sampayo Bobo Furcia.
- En 1995 fixo a canción orixinal e espazo sonoro para a primeira obra de danza contemporánea galega Laradas da Compañía Doble Xiro.
- Compuxo o espazo sonoro das obras teatrais o Canto do Dime-dime, O Tío Vania da Compañía Factoría Teatro (coa que foi nomeada para o Premio María Casares á mellor música orixinal no 2006).
- Creou a música para a exposición Xógaras do xoieiro lugués Miguel Caamaño.
- Con Marcos Paino ten construído cancións para Galegoz e a Matraca Perversa.
- Xunto a P. Pascual compuxo a música para a obra Os homes só contan até tres de Antón Lopo, Premio Álvaro Cunqueiro de teatro, e nomeada para o María Casares.
- Cristina Domínguez (que foi directora do Centro Dramático Galego) ten dirixido actoralmente a Ugia no musical O Señor BOm-bom coa música do seu proxecto máis persoal: Marful.
- En abril de 2005 estreou a música do trío Nordestin@s, sobre cancións mariñeiras do Norte da Galiza con Guadi Galego (Berrogüetto) e o pianista de jazz Abe Rábade e as súas propias composicións. Este disco recibiu o 1º premio La Opinión de música folk galega no 2007, sendo gravado en directo no Teatro Principal de Compostela en setembro do 2006.
- En 2005 coordinou o espectáculo colectivo Ao pé da letra (producido por Nordesia), composto por sete grupos da vangarda musical galega (entre eles o seu, Marful) que teñen como eixo central a palabra chea de contidos, un escaparate dos artistas actuais que abandeiran a canción galega de máxima actualidade apoiado en escena por Jorge Drexler na actuación de Vigo.
- No Nadal do 2006 compartiu escenario no Pazo da Cultura de Pontevedra na produción Cantos da Maré sobre linguas lusófonas cantando con Dulce Pontes, Uxía, Amelia Muge e Eneida Marcos.
- O 16 de xuño do 2006 presentou o seu primeiro disco con Marful (grupo do que é voz e fundadora) no ciclo Sons da Diversidade de Compostela diante de 1000 persoas. Marful (nome do seu avó emigrado a Cuba) converteuse nun dos discos de culto da música galega, e cunha discográfica pequena e independente venderon nun ano 5000 copias. O selo é Producciones Efímeras do músico Germán Díaz, co que Marful comparte grande amizade persoal e musical. O disco de Marful foi considerado por votación popular o mellor Disco do Ano 2006 segundo a Radio Galega. Marful tocou en tódolos teatros importantes e festivais de world music galego con boa acollida por parte do público e da crítica.
- En setembro de 2007 comezou a compor o espazo sonoro para a obra Regreso ó deserto de Koltès co Centro Dramático Galego.
- En outubro do 2007 representou a Galiza no Festival Womex en Sevilla.
- No ano 2007 saíu o disco de Ecléctica Ensemble (Dillei) onde cantou e compuxo xunto con Nacho Muñoz (produtor de Mercedes Peón, algún disco de Xosé Manuel Budiño, compositor da Ópera Off) e Ramom Piñeiro (director de Ouvirmos S.L.) e o técnico de son Xurxo Piñeiro (técnico da Sala Nasa de Compostela).
- Tamén gravou un disco vinilo de música electrónica e tradicional con Nacho Muñoz que tivo inumerábeis descargas durante un ano na China.
- Editou un disco co brasileiro Fred Martins de cancións galegas e brasileiras compostas polos dous e presentado en S. Paulo e en varias cidades europeas.
- Compartiu un proxecto de recital poetico-musical con Marina Oural Villapol. Con ela abriu a Oficina Galega doutros Asuntos do Movimento para traballar sobre arte e saúde tamén desde a diversidade funcional e artística. Elas deseñaron a programación da MariñaMov en Ribadeo anuando Feldendrais (ABM), improvisación, diversidade artística e funcional.[15]
- En outubro do 2015 xunto a Pierrot Rougier iniciaron O Coro da Mariña con 40 persoas da comarca dedicado fundamentalmente a cantos do mar do mundo e en febreiro do 2016 comezou a dar as súas primeiras aulas de improvisación arredor da pandeireta na antiga escola indiana de Rinlo onde tamén ensaiou o coro.[16]
- En 2018 impulsou o libro-disco A Comuna del Barruzo, primeiro cantado na Fala, en galego-asturiano, que reivindica a cultura do Eo-Navia. Para iso, ela e o seu compañeiro bretón Pierrot Rougier compuxeron dez cancións, algunhas con letras de poetas do lugar como Héctor Acebo, Quique Roxíos, Belén Rico e Arturo Álvarez.[17]
- De 2018 é tamén o proxecto Enredadas. Coplas e alalás: "o jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza aragonesa de Carmen París e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira reúnense para celebraren a madurez artística de catro mulleres que reinventaron e revolucionaron estes xéneros".[18]
Obra literaria
editarPoesía
editar- Noente paradise (2010). Através Editora. ISBN 978-84-87305-39-9.[19]
Obras colectivas
editar- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (2006). Espiral Maior/Xunta de Galicia. ISBN 84-96475-23-9.
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012). Toxosoutos.[20]
Premios
editarNotas
editar- ↑ "Ugia Pedreira, artista mariñá: «Impliquei o meu mapa emocional na creación de 'Segmento Cantábrico'»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-03-22. Consultado o 2023-08-14.
- ↑ ""Dejo los escenarios, pero no puedo salir de la música porque la llevo dentro"". Faro de Vigo (en castelán). 2014-08-15. Consultado o 2023-08-06.
- ↑ "Ugía Pedreira". cultura.deputacionlugo.gal. Consultado o 2023-08-06.
- ↑ "Aula Maxistral con Ugia Pedreira". Folque. 2016-06-07. Consultado o 2019-02-24.
- ↑ 5,0 5,1 "Conservatorio de músic atradicional e folque de Lalín. Ugia Pedreira". folque.com. Consultado o 2019-02-24.
- ↑ "Conhece o teu mundo" (PDF). agal-gz.org. Consultado o 24/02/2019.
- ↑ "somos". Folque. 2014-02-19. Consultado o 2019-02-24.
- ↑ Santos, Ágatha de. ""Dejo los escenarios, pero no puedo salir de la música porque la llevo dentro"". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-02-24.
- ↑ "'A comuna do barruzo', libro-disco de Ugia Pedreira". www.crtvg.es. Consultado o 2022-04-12.
- ↑ "A Pedreira - Segmento Cantábrico (2022)". culturagalega.gal. Consultado o 2022-04-12.
- ↑ "Ugia Pedreira". www.cancioneros.com (en castelán). Consultado o 24/02/2019.
- ↑ "Biografía de Ecléctica Ensemble - La Fonoteca". lafonoteca.net (en castelán). Consultado o 2019-02-24.
- ↑ "Lugares de Cultura". www.inscripcionweb.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-24.
- ↑ "LULA: UGIA PEDREIRA". LULA. 2009-04-28. Consultado o 2019-02-24.
- ↑ Lourido, Vanesa Gómez (2019-01-04). "Un novidoso obradoiro afondará na creatividade escénica en Vegadeo". Xornal da Mariña. Consultado o 2019-02-24.
- ↑ "Queres cantar no coro da Mariña?". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-09-23. Consultado o 2019-02-24.
- ↑ Redacción (2018-11-29). "O libro-disco 'A Comuna del Barruzo', primeiro en galego-asturiano, reivindica a cultura do Eo-Navia". Xornal da Mariña. Consultado o 2019-02-24.
- ↑ "Martirio, Uxía, Carmen París y Ugia Pedreira se unen en «Enredadas»". cancioneros.com (en castelán). Consultado o 2019-02-24.
- ↑ "Noente Paradise". Através Editora área editorial da AGAL. Consultado o 2019-02-24.
- ↑ Nicolás, Ramón (2012-02-14). "A cidade na poesía galega do século XXI, edición de Gonzalo Vázquez". Caderno da crítica. Consultado o 2019-02-24.
- ↑ "Manuel Rivas, Ugía Pedreira, Chévere ou a Cova Eirós entre os galardóns da crítica da Galiza". Nós Diario. 2022-11-19. Consultado o 2022-11-19.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ugia Pedreira |
Ligazóns externas
editar- "O día despois do último concerto tiven medo mais logo veu alegría" Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 17/10/2014.
- "Ugia Pedreira: “Deixar morrer un idioma é como intoxicar cerebros. Moita xente quere que se manteña o eo-naviego e aí me tocou estar agora”" Praza.gal (14/12/2018).
- "Repasamos a traxectoria de Ugía Pedreira, autora da canción de Sabela en OT". TVG. 26/12/2018.
- Rosalía de Castro-Ugia Pedreira: "Que pasa arredor de min" (2019) YouTube.