Berta Álvarez Cáccamo

Berta Álvarez Cáccamo, nada en Vigo o 1 de setembro de 1963, é unha pintora galega. É filla do escritor Xosé María Álvarez Blázquez, e irmá de Xosé María, Alfonso, e Celso Álvarez Cáccamo.

Índice

TraxectoriaEditar

En 1986 licenciouse en Belas Artes na Facultade San Jordi de Barcelona. En 1987 recibiu a bolsa Manuel Colmeiro da Xunta de Galicia, e en 1990 a bolsa de Creación Artística Banesto en Madrid.

Comezou a expor en 1986, vinculada á corrente renovadora do grupo Atlántica. En 1989 obtivo o premio Cidade de Palma, na Bienal de Pontevedra e no I Certame Unión Fenosa da Coruña. Nese mesmo ano foi vivir a París, tendo unha estancia na Cité Internacional des Arts entre 1990 e 1991. En 1991 foi premiada no II Certame Unión Fenosa.

A súa pintura é abstractiva e conceptual, dentro da non figuración, con amplas manchas de tons axordados e dominio de cores ocres e negras. Hai unha estrutura xeométrica nas súas composicións, deliberadamente elementalizadas, con vagas referencias formais. Adoita usar lenzos de gran tamaño.

A súa obra está presente no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo de Pontevedra e en coleccións particulares como a de Unión Fenosa da Coruña.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar