José Manuel Rey García

arqueólogo galego

José Manuel Rey García, nado en Pontevedra[1] en 1964, é un arqueólogo galego.

José Manuel Rey García
José Manuel Rey García.jpg
Nacemento1964
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarqueólogo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A arqueoloxía sempre foi a súa vocación aínda que empezou centrándose no Neolítico e a Idade do Bronce.[1]

Licenciado en Xeografía e Historia (especialidade de Arqueoloxía), e especialista na xestión do patrimonio arqueolóxico e na arte rupestre prehistórica. Foi bolseiro de Prehistoria e Arqueoloxía no Museo de Pontevedra os anos 1988 (participou como axudante de dirección nas trascendentais escavacións no Burgo), 1989 e 1990. Desde 1994 foi funcionario do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia, con praza de arqueólogo na Delegación de Cultura da Coruña e desde 1997 en Santiago de Compostela. Tamén foi profesor titor con ‘venia docendi' do Centro Asociado de Pontevedra da UNED desde 1999. En 2011 foi nomeado director do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e tamén foi xefe de sección III no Servizo de Arqueoloxía da Xunta desde 1999. É autor de varios artigos sobre arqueoloxía e arte rupestre[2] e de múltiples comunicacións e relatorios presentados en congresos de ámbito nacional e internacional, director de nove intervencións arqueolóxicas en xacementos en Galicia, e ten participado en catro proxectos de investigación a escala europea.[3] En 2019 foi nomeado Director do Museo de Pontevedra,[4][5][6] sucedendo a Carlos Valle.

PublicaciónsEditar

Colectivas.Editar

  • "A propósito de la figura humana: una disculpa para reconsiderar el arte rupestre galaico" (1995). Con Antonio de la Peña Santos, Fernando Javier Costas Goberna. Actas del XXII Congreso Nacional de Arqueología : Vigo 1993, Vol. 2. ISBN 84-920456-2-0. Páxs. 125-130.
  • "Una propuesta para la gestión del patrimonio rupestre galaico" (1995). Con Fernando Carrera Ramírez, Antonio de la Peña Santos, Fernando Javier Costas Goberna. Actas del XXII Congreso Nacional de Arqueología : Vigo 1993, Vol. 1. ISBN  84-920456-0-4. Ppáxs. 277-282.
  • "Sobre las posibles relaciones entre el arte parietal megalítico y los grabados rupestres galaicos" (1997). Antón A. Rodríguez Casal (ed. lit.). Con Antonio de la Peña Santos. O Neolítico atlántico e as orixes do megalitismo: actas do Coloquio Internacional. (Santiago de Compostela, 1-6 de abril de 1996). ISBN 84-8121-649-6. Páxs. 829-838.
  • "La Red Gallega del Patrimonio Arqueológico: un marco de actuación para la puesta en valor del patrimonio arqueológico" (2003). Coord. por Julia Beltrán de Heredia Bercero, Isabel Fernández del Moral. Con María Jesús Tallón Nieto, Faustino Infante Roura, Eugenio Rodríguez Puentes. II Congreso Internacional sobre musealización de yacimientos arqueológicos : nuevos conceptos y estrategias de gestión y comunicación. ISBN 84-932113-8-9. Páxs. 237-241.
  • "Galicia, la arqueología de una región a través de la red gallega del patrimonio arqueológico" (2005). Coord. por Charo de Francia Gómez, Romana Erice Lacabe. Con Faustino Infante Roura, Eugenio Rodríguez Puentes, María Jesús Tallón Nieto. De la excavación al público: procesos de decisión y creación de nuevos recursos. ISBN 84-8069-392-4. Páxs. 145-154.
  • "El pasado arqueológico de Galicia a través de cuatro Centros: el Centro de Arte Rupestre y el Centro de Cultura Castreña" (2006). Coord. por José Manuel Iglesias Gil. Con Faustino Infante Roura. Cursos sobre el patrimonio histórico 10: actas de los XVI Cursos Monográficos sobre el Patrimonio Histórico (Reinosa, julio 2005). ISBN  84-8102-410-4. Páxs. 67-78.
  • "Galicia RGPA.: Articulación no territorio" (2007). Coord. por Paz Varela Campos. Con Eugenio Rodríguez Puentes e Faustino Infante Roura. IV Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos: Conservación e presentación de xacementos arqueolóxicos no medio rural. Impacto social no territorio. ISBN  978-84-453-4473-6. Páxs. 21-31.
  • "El parque Arqueológico del Arte Rupestre (Campo Lameiro, Pontevedra): desarrollo conceptual y museológico" (2007). coord. por Paz Varela Campos. Con Alberto Redondo Porto e Auxiliadora Suárez López. IV Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos: Conservación e presentación de xacementos arqueolóxicos no medio rural. Impacto social no territorio. ISBN 978-84-453-4473-6. Páxs. 61-73.
  • "Desarrollo rural y arte rupestre prehistórico: el ejemplo del Área Arqueológica de Tourón (Ponte Calderas, Pontevedra)" (2007). Coord. por Paz Varela Campos. Con Laura Nieto Zas. IV Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos: Conservación e presentación de xacementos arqueolóxicos no medio rural. Impacto social no territorio. ISBN 978-84-453-4473-6. Páxs. 155-162.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "«Queremos guardar en Campo Lameiro la memoria del arte rupestre gallego»". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-07-18. Consultado o 2020-01-04. 
  2. "José Manuel Rey García". Dialnet (en castelán). Consultado o 2020-01-04. 
  3. "Noticia - José Manuel Rey García, novo director do Museo de Pontevedra - Actualidade". www.depo.gal. Consultado o 2020-01-04. 
  4. Pontevedra, Diario de (2019-04-13). "José Manuel Rey García é o novo director do Museo". Diario de Pontevedra. Consultado o 2020-01-04. 
  5. "José Manuel Rey, nuevo director del Museo Provincial". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-04-13. Consultado o 2020-01-04. 
  6. "José Manuel Rey García, nuevo director del Museo de Pontevedra". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-01-04. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar