Centro Asociado da UNED de Pontevedra
O Centro Asociado da UNED en Pontevedra (UNED Pontevedra) é un centro docente universitario da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) situado na cidade de Pontevedra. Forma parte do Campus Noroeste da UNED e é o seu centro máis importante.
Centro Asociado da UNED de Pontevedra | |
---|---|
Sede do Centro Asociado da UNED de Pontevedra | |
Datos xerais | |
Localización | Pontevedra |
Fundación | 12 de xaneiro de 1973 |
Datos actuais | |
Reitor | Victor Manuel González Sánchez |
Alumnos | 4.500 (Curso 2017-2018)[1] |
Datos de contacto | |
Enderezo | Rúa de Portugal, 1. 36162 Pontevedra Galicia |
Páxina web | www.unedpontevedra.com |
[ editar datos en Wikidata ] |
É a primeira sede da UNED en Galicia, orixinalmente chamada Centro Rexional da UNED en Galicia.[2]
Localización
editarO Centro Asociado da UNED en Pontevedra está situado na rúa Portugal 1, no barrio de Monte Porreiro de Pontevedra.
Historia
editarAs xestións para a creación do centro da UNED en Pontevedra iniciáronse en 1972 grazas á vontade da Deputación de Pontevedra, o Concello de Pontevedra e a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Foi o primeiro centro asociado da UNED en Galicia e o segundo en España. No momento da súa inauguración, era o único centro rexional da UNED en Galicia, Asturias e León, rexións ás que estendeu o seu ámbito territorial.[3]
O centro universitario foi creado por orde ministerial o 12 de xaneiro de 1973 e abriu as súas portas na Residencia de Estudantes Virxe Peregrina (actual Residencia de Estudantes Abanca), que lle prestou varios despachos e aulas.[4][5] A inauguración tivo lugar o 12 de marzo de 1973, coa presenza do Reitor da Universidade de Santiago de Compostela e do Gobernador Civil de Pontevedra.[6]
O seu primeiro ano comezou coa impartición de dúas carreiras universitarias, Dereito e Filosofía e Letras. O centro universitario contaba entón con 350 alumnos. O seu primeiro director, de 1973 a 1975, foi José Antonio Souto Paz, catedrático de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.[7][8] En 1974, implantáronse sete carreiras máis. Durante o curso 1974-1975, a sede da UNED trasladouse temporalmente a dúas plantas do edificio central da Caixa Provincial de Aforros de Pontevedra, no barrio de Campolongo, e matriculáronse 1.188 alumnos.[9][10]
O 23 de outubro de 1987, a UNED trasladouse á súa sede definitiva na cidade, un novo edificio de 7.000 metros cadrados no barrio de Monte Porreiro, nun terreo de máis de 20.000 metros cadrados rodeado de xardíns con árbores singulares.[11] Nese curso académico superáronse os 3.000 alumnos e no curso 1992-1993 superáronse os 4.000 alumnos.[12]
O 7 de decembro de 1994, o Centro Rexional da UNED en Pontevedra integrouse na rede básica de Centros Asociados da UNED (isto significa que no Centro Asociado impártense e pódense cursar todos os estudos que ofrece a UNED a nivel nacional). A partir de 2007 creáronse varias aulas universitarias na provincia de Pontevedra, dependentes da sede central da UNED de Pontevedra. En 2007 creouse a aula de Lalín, en 2010 a de Tui, en 2012 a de Vigo, en 2017 a de Portas[13] e en 2022 a do Porriño.[14]
En setembro de 2020, o Centro Asociado da UNED en Pontevedra converteuse na sede do Campus Noroeste da UNED, que coordina os 14 Centros Asociados da UNED en Galicia, Asturias,Castela e León e Estremadura (Pontevedra, A Coruña, Ourense, Lugo, Xixón, Ávila, Burgos, Palencia, Ponferrada, Segovia, Soria, Zamora, Mérida e Plasencia).[15][16]
Descrición
editarCon 4.500 alumnos, o centro da UNED de Pontevedra é o centro asociado con máis estudantes de Galicia. Ofrece 30 carreiras universitarias,[17] 13 idiomas no CUID e o curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos.[18] As carreiras máis demandadas son Psicoloxía e Dereito.[19]
As carreiras universitarias que se poden cursar no centro universitario de Pontevedra son as seguintes : administración de empresas, antropoloxía social, ciencias ambientais, ciencias xurídicas das administracións públicas, educación infantil, física, matemáticas,[20] ciencias políticas e da administración, criminoloxía, química, dereito, economía, educación social, estudos ingleses (lingua, literatura, cultura), literatura e lingua española, filosofía, xeografía e historia, historia da arte, enxeñaría informática, enxeñaría en tecnoloxías da Información, enxeñaría mecánica, enxeñaría en electrónica industrial e automática, enxeñaría eléctrica, enxeñaría en tecnoloxías industriais, enxeñaría da enerxía, pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, turismo e traballo social. O centro imparte tamén o 80% de cursos de extensión universitaria da UNED de toda España.[17] O centro UNED de Pontevedra oferta ademais cursos de verán desde 1989 sen interrupción.[21][22]
O Centro Asociado da UNED en Pontevedra é o maior centro español do Campus Noroeste da UNED.[23] O edificio conta con tres plantas e un patio interior, 4 locutorios, unha aula de informática, unha biblioteca, 30 aulas, laboratorios (de física, química, bioloxía, psicoloxía, enxeñería, matemáticas, informática),[17][24] unha sala de reunións, unha librería, unha cafetería e un anfiteatro de 600 metros cadrados inaugurado en marzo de 2016.[25]
Un gran mural de máis de 12 metros de lonxitude do artista Manuel Moldes, pintado en 1987, decora un lado do vestíbulo da primeira planta do edificio da UNED.[26][27]
A Xunta Reitora do Centro Universitario de Pontevedra está composta polos seguintes organismos: A UNED, a Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Pontevedra, a Xunta de Galicia e a empresa ENCE.[28]
Galería
editar-
Fachada oeste do centro asocidado da UNED en Pontevedra capital
-
Centro da UNED ao final da rúa Portugal
-
Sede do Centro Asociado da UNED en Pontevedra
-
Aula Magna e Parque da UNED
-
Parque da UNED
-
A xornalista Rosa María Calaf no centro asociado da UNED de Pontevedra
-
Edificio da UNED
-
Detalle do mural de Manuel Moldes no interior da UNED en Pontevedra
-
Parque e lateral da Aula Magna
-
Aula Magna e Edificio Principal ao fondo
-
Directorio na entrada da UNED
-
Vestíbulo no interior da sede pontevedresa
-
Un dos corredores do centro universitario
-
Entrada á biblioteca do centro
-
Librería do centro pontevedrés
Notas
editar- ↑ "La Uned de Pontevedra alcanza los 4.500 estudiantes para el curso 2017-2018". Diario de Pontevedra (en castelán). 16 de novembro de 2017.
- ↑ "Fallece José Antonio Souto Paz, el primer alcalde de la democracia en Santiago". El Correo Gallego (en castelán). 9 de setembro de 2017.
- ↑ "La Uned cumple 40 años". Diario de Pontevedra (en castelán). 16 de marzo de 2012.
- ↑ "ORDEN de 20 de febrero de 1973 por la- que se crea un Centro Regional, dependiente de la Universidad Nacional de Educación a Distancia, con sede en Pontevedra" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). 13 de marzo de 1973.
- ↑ "La UNED, la mejor alternativa para conciliar vida y estudios". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 2012.
- ↑ "Medio siglo del centro pionero de la UNED". Faro (en castelán). 25 de maio de 2022.
- ↑ "La Uned cumple 40 años". Diario de Pontevedra (en castelán). 16 de marzo de 2012.
- ↑ "Fallece José Antonio Souto Paz, el primer alcalde de la democracia en Santiago". El Correo Gallego (en castelán). 9 de setembro de 2017.
- ↑ "Medio siglo del centro pionero de la UNED". Faro (en castelán). 25 de maio de 2022.
- ↑ "Uno de cada cuatro alumnos de la UNED en Pontevedra estudia Derecho". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de abril de 2001.
- ↑ "La UNED reúne cerca de cien colaboraciones en un libro que recoge su historia en la ciudad". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de abril de 2005.
- ↑ "Uno de cada cuatro alumnos de la UNED en Pontevedra estudia Derecho". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de abril de 2001.
- ↑ "Resolución de 16 de marzo de 2021, del Consorcio Universitario del Centro Asociado a la Universidad Nacional de Educación a Distancia en Pontevedra, por la que se publican las cuentas anuales del ejercicio de 2019 y el informe de auditoría" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). 15 de abril de 2021.
- ↑ "Víctor González: "En el nuevo curso estrenaremos grados y aula de la UNED en Porriño"". Onda Cero (en castelán). 27 de xullo de 2022.
- ↑ "Pontevedra se convierte en la sede del Campus Noroeste de la Uned". Diario de Pontevedra (en castelán). 2 de outubro de 2020.
- ↑ "Pontevedra, sede do Campus Noroeste da UNED". La Voz de Galicia. 1 de outubro de 2020.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 "Víctor González: "Nos sigue alumnado desde África, Asia, América y Oriente Medio"". Diario de Pontevedra (en castelán). 31 de maio de 2023.
- ↑ "La UNED impartirá siete nuevos idiomas, entre ellos árabe, ruso y japonés". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de setembro de 2010.
- ↑ "Psicología y Derecho siguen como grados con más tirón en la UNED". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de novembro de 2018.
- ↑ ""La Uned te da alas para llegar a dónde quieras, para no ponernos limites"". Diario de Pontevedra (en castelán). 29 de xaneiro de 2023.
- ↑ "La UNED salpica de cursos de verano toda la provincia de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xuño de 2023.
- ↑ "La UNED de Pontevedra organiza once nuevos cursos de verano para este año". Diario de Pontevedra (en castelán). 9 de xuño de 2023.
- ↑ "Víctor González: "Hubo incluso quien se examinó desde la cama de un hospital"". Diario de Pontevedra (en castelán). 19 de outubro de 2020.
- ↑ "La visibilización de la formación con perspectiva de género abre el curso en la Uned". Diario de Pontevedra (en castelán). 5 de novembro de 2022.
- ↑ "El centro asociado de la UNED de Pontevedra inaugura su Aula Magna". Pontevedra Viva (en castelán). 15 de marzo de 2016.
- ↑ "Manuel Moldes crea un mural efímero y lleno de color para adentrarse en el Sexto Edificio del Museo". Pontevedra Viva (en castelán). 21 de xullo de 2017.
- ↑ "El pintor que hizo de Pontevedra su propio Nueva York". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xullo de 2017.
- ↑ "El centro asociado de la UNED de Pontevedra inaugura su Aula Magna". Pontevedra Viva (en castelán). 15 de marzo de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centro Asociado da UNED de Pontevedra |
Bibliografía
editar- Blanco Valdés, Juan Luis (2004). De cerca en la distancia, 1973-2003: treinta años del Centro Asociado de la UNED de Pontevedra (en castelán). Pontevedra: UNED. ISBN 978-84-6091-953-7.