Rosa María Calaf

xornalista española


Rosa María Calaf Solé, nada en Barcelona o 17 de xuño de 1945, é unha xornalista catalá que desenvolveu boa parte da súa carreira profesional na Televisión Española.

Modelo:BiografíaRosa María Calaf

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rosa María Calaf Solé Editar o valor en Wikidata
17 de xuño de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona - Licenciatura en xornalismo
Universidade de Barcelona - licenciatura en Dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorTelevisió de Catalunya (1983–1983)
Televisión Española (1970–2009) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm2142846 BNE: XX4869097 Dialnet: 2606369 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu en 1945 na cidade de Barcelona e licenciouse en dereito pola Universidade de Barcelona e en xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona. No ano 1970 entrou a traballar na Televisión Española (TVE) e desde ese momento converteuse nun dos rostros máis populares mediante o desenvolvemento das súas correspondencias en Nova York, Moscova, Buenos Aires, Viena e Roma. No ano 1983 abandonou, momentaneamente, Televisión Española para converterse en directora de programación de Televisió de Catalunya.

O seu último destino foi a correspondencia da zona Asia-Pacífico, destacando a cobertura que fixo sobre os Xogos Olímpicos de verán de 2008 realizados en Pequín (China). En novembro de 2008 acolleuse á política de xubilacións impulsada por TVE e abandonou a súa carreira profesional nesta cadea o 1 de xaneiro de 2009, converténdose en presidenta do Centro Internacional de Prensa de Barcelona. En outubro de 2011 comeza unha nova etapa televisiva na canle 13 TV, como colaboradora do espazo de Inés Ballester, Te damos la mañana.[1]

Premios e distincións

editar

Ao longo da súa carreira foi galardoada co Premio Ondas á mellor tarefa profesional (2001) e o premio Oficio de Xornalista concedido polo Colexio de Xornalistas de Cataluña (2003) e o V Premio José Couso de Liberdade de Prensa (2009).[2] En xuño de 2009 foi galardoada co Premio Nacional de Xornalismo que concede a Generalitat de Catalunya pola súa «dilatada e exemplar traxectoria como reporteira internacional en TVE».

O ano 2008 foi investida doutora honoris causa pola Universidade Rovira i Virgili de Tarragona, en 2010 pola Universidade Miguel Hernández de Elx e en 2014 pola Xaime I.[3]

  1. "Verónica Mengod, Lara Dibildos, Rosa María Calaf y Concha Galán, colaboradores de Inés Ballester". formulatv.com (en castelán). 20-10-2011. Consultado o 28-04-2019. 
  2. Bustabad, Lorena (17-04-2019). "El José Couso premia la carrera de Rosa María Calaf". elpais.com (en castelán). Consultado o 28-04-2019. 
  3. "Rosa María Calaf, doctora honoris causa de la Universitat Jaume I". Universidade Xaime I (en catalán). 14 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 3/03/2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar