Abrir o menú principal

Monte Porreiro, Mourente, Pontevedra

Coordenadas: 42°26′47″N 08°37′25″O / 42.44639, -8.62361

Monte Porreiro
Mourente, Monte Porreiro 01-01b.jpg
Entrada a Monte Porreiro
ParroquiaMourente
ConcelloPontevedra

Monte Porreiro é un lugar da parroquia de Mourente. É un barrio urbano da cidade de Pontevedra, e é parroquia relixiosa de seu desde finais do século XX, sendo o seu patrón o Bo Pastor.

CaracterísticasEditar

Monte Porreiro é un núcleo urbano situado ao noroeste da cidade. Linda ao norte e o oeste co río Lérez, ao leste coa parroquia de Mourente e ao sur co barrio da Seca.

A comezos do século XX Casimiro Gómez mercou unha leira dunhas 70 hectáreas en Monte Porreiro, á que chamou Villa Buenos Aires. Converteuna nunha fermosa e rica explotación agropecuaria, onde pasaba as súas vacacións. Alí cultivaba viñedos e frutais, reservando unha importante extensión de terreo para a cría de gando. Os produtos da leira recibiron importantes premios nas diferentes Exposicións as que concorreron. Para rendabilizar a riqueza das augas dos mananciais minero-medicinais do entorno da leira, levou a cabo un proxecto de creación dun balneario. Na súa finca construíu un dos primeiros campos de tenis de Galicia.

Na década de 1970 comezou a urbanización do monte, coa construción duns chalés na rúa Reino Unido, á que seguiron modernas torres ladeira arriba. En 20 anos, aquilo pasou de ser uns campos de cultivo e pastos a unha cidade dormitorio moi preto do núcleo urbano.

A igrexa parroquial católica foi inaugurada por Julián Barrio o 9 de outubro de 2010.

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Lugares e parroquiasEditar