José Antonio Souto Paz

xurista e político galego

José Antonio Souto Paz, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1938 e finado en Madrid o 8 de setembro de 2017, foi un xurista e político galego.

José Antonio Souto Paz
Nacemento9 de outubro de 1938
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento8 de setembro de 2017
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela, Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino, Universidade de Navarra e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítico, xurista, profesor universitario e escritor
Na rede
Dialnet: 188853
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Catedrático de Dereito Canónico da Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse nas Universidades de Navarra e Roma. Entre 1973 e 1975 dirixiu o Centro Rexional de Galicia da Universidad Nacional de Educación a Distancia. Entre 1975 e 1979 foi decano da Facultade de Dereito da USC. Foi profesor do Instituto de Derechos Humanos da Universidad Complutense de Madrid, e desde 1982 da UNED.

Acadou a alcaldía de Santiago de Compostela logo de presentarse ás eleccións municipais de 1979 nas listas da UCD e presidente da Asemblea de Alcaldes de Galicia (1979). Foi vocal nunha Comisión do Consello de Europa (1979-81), director do departamento de asesoría xurídica do CDS, asesor de educación e cultura do Defensor do Pobo (1986-88) e membro da xunta de goberno do Colegio de Abogados de Madrid (1988-89). Nas eleccións xerais de 1989 foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas listas do CDS.

Como investigador e catedrático, fixo achegas nos eidos do Dereito Canónico e Administrativo, Teoría da Organización e Dereito Matrimonial, amais de dirixir varias teses.

Obra editar

  • La noción canónica de oficio (1971)
  • El proyecto de Ley Fundamental de la Iglesia (1971)
  • Derecho Canónico (1973, con outros autores)
  • Notas para una interpretación actual del Derecho Canónico (1973)
  • Derecho Canónico (1974, con outros autores)
  • Corso di Diritto Canonico (1975, con outros autores)
  • La norma canónica (1979, dous volumes, en colaboración con outros autores)
  • Derecho Canónico I. Derecho Canónico y Derecho Eclesiático del Estado (1983)
  • Derecho Canónico II. Derecho Matrimonial (1984)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


Predecesor:
Antonio Castro García
  
Alcalde de Santiago
 
1979 - 1981
Sucesor:
Marcial Castro Guerra