Manuel Moldes

pintor galego

Manuel Rodríguez Moldes (Manolo Moldes), nado en Pontevedra o 12 de novembro de 1949, e finado na mesma cidade o 3 de decembro de 2017[1], foi un pintor e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Manuel Moldes
AlcumeManolo Moldes
Nacemento12 de novembro de 1949
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento3 de decembro de 2017
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterETS de Madrid
Universidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpintor
CónxuxeCarmen Díaz Cacheda (May).
Fillosdous
Xénerossurrealismo, cubismo, maxicismo
OrganizaciónGrupo Atlántica
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi unha referencia inescusable e das máis solitarias. A súa obra comezou na década de 1970, en Madrid, participando na renovación impulsada dende Galicia. Nos anos oitenta as súas obras mostraban unha práctica desgarradora e visións atormentadas que xiran ó redor dunha estabilidade onde se percebe as influencias de Pablo Picasso e Ingres.

Na segunda metade da década de 1980 propuxo unha ollada densa e ordenadora do ámbito galego, da súa paisaxe, arquitectura, xentes, materias... en cadros cada vez máis físicos.

En 1995 pasou a ser mestre de debuxo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. En 2005 ingresou como membro numerario na Real Academia Galega de Belas Artes.[2]

Teñen obra súa, entre outras institucións, o Centro Galego de Arte Contemporánea[3], o Museo Municipal Quiñones de León[4], o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, a Colección Afundación[5] e a Fundación María José Jove.[6]

Opinións sobre a súa figura artística editar

David Barro, ao comentar a súa exposición "Vieiros de Luz", en 1999, dicía que Manuel Moldes seguía "o seu particular eterno retorno a unha sinuosidad barroca e pintura gestual, que o relacionan con mestres do expresionismo abstracto como Pollock"[7].

O artista Guillermo Aymerich cualificou a Manolo Moldes como "Un mago da forma, da luz, un alquimista da cor e da materia". O seu papel como docente na facultade de Belas Artes de Pontevedra deixa unha gran pegada no humano e o artístico en moitos dos seus alumnos entre os que se contan , Jorge Perianes, Suso Fandiño, Tamara Feijoo ou Rubén Ramos Balsa.

Recoñecementos editar

Vida persoal editar

Casou con Carmen Díaz Cacheda e foi pai de Manoel e Iria Rodríguez Díaz.

Notas editar

  1. López, Belén: "Morre o pintor pontevedrés Manuel Moldes", Diario de Pontevedra, 3/12/2017.
  2. Listado histórico de académicos numerarios
  3. "Centro Galego de Arte Contemporánea". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2017. Consultado o 05 de decembro de 2017. 
  4. "Pinacoteca galega contemporánea" Museo Quiñones de León.
  5. 5,0 5,1 Manuel Moldes na Colección Afundación.
  6. Colección de arte Arquivado 05 de xullo de 2015 en Wayback Machine. da Fundación María José Jove (en castelán).
  7. ""¡Que viva Manolo Moldes!"". 05/12/2017. Consultado o 13/10/20. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar