Esperanza Aguirre

política española
(Redirección desde «Aguirre y Gil de Biedma»)

Esperanza Aguirre Gil de Biedma, nada en Madrid o 3 de xaneiro de 1952, é unha política española. Foi a presidenta da Comunidade de Madrid dende o 21 de novembro de 2003 ata o 26 de setembro de 2012.

Modelo:BiografíaEsperanza Aguirre

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Esperanza Aguirre Gil de Biedma Editar o valor en Wikidata
3 de xaneiro de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Concelleiro de Madrid
13 de xuño de 2015 – 24 de abril de 2017
Deputada na Asemblea de Madrid
7 de xuño de 2011 – 19 de setembro de 2012 – Teresa Gómez-Limón (en) Traducir →

Deputada na Asemblea de Madrid
12 de xuño de 2007 – 29 de marzo de 2011

Q29564118 Traducir
27 de novembro de 2004 – 14 de febreiro de 2016
← Pío García-EscuderoCristina Cifuentes →
Presidente da Comunidade de Madrid
21 de novembro de 2003 – 26 de xuño de 2012
← Alberto Ruiz-GallardónIgnacio González González →
Deputada na Asemblea de Madrid
12 de novembro de 2003 – 3 de abril de 2007

Deputada na Asemblea de Madrid
10 de xuño de 2003 – 30 de agosto de 2003

Presidenta do Senado de España
9 de febreiro de 1999 – 16 de outubro de 2002
← Juan Ignacio Barrero ValverdeJuan José Lucas →
Presidenta do Senado de España
9 de febreiro de 1999 – 17 de outubro de 2002
← Juan Ignacio Barrero ValverdeJuan José Lucas →
Ministro de Educación e Cultura
5 de maio de 1996 – 19 de xaneiro de 1999
← Jerónimo Saavedra Acevedo, Carmen AlborchMariano Rajoy →
Senadora de España
3 de marzo de 1996 – 21 de novembro de 2003
Circunscrición electoral: Madrid

Electa en: Q63440581 Traducir
Primeira tenente de alcalde de Madrid
1995 – 1996
← Luis María Huete (pt) TraducirJosé Ignacio Echeverría Echániz (en) Traducir →
Concelleiro de Madrid
7 de maio de 1983 – 5 de maio de 1996
Datos persoais
ResidenciaQ51720169 Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - licenciatura en Dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, avogada, xurista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1989–)
Alianza Popular (1987–1989)
Partido Liberal (1984–1987)
Unión Liberal (1983–1984) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
18 de agosto de 2020En defensa do reinado de Xoán Carlos I Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloGrandeza de España
Condesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFernando Ramírez de Haro y Valdés (1974–) Editar o valor en Wikidata
FillosÁlvaro Ramírez de Haro y Aguirre, Fernando Ramírez de Haro Editar o valor en Wikidata
ParentesJaime Gil de Biedma, second uncle
Ouka Leele, curmán segundo
José Gil de Biedma, avó materno
Baldomero Vega de Seoane y Andrea Pérez, bisavó Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1773116 Facebook: esperanzaaguirre Twitter: EsperanzAguirre Youtube: UCvZm6J5NOTulU42z8NROStQ BNE: XX1188468 Dialnet: 69420 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Sobriña de Jaime Gil de Biedma, estudou no Instituto Británico de Madrid, e licenciouse en Dereito na Universidade Complutense en 1974. En 1976 accedeu como funcionaria ó Corpo de Técnicos de Información e Turismo.

Inicios

editar

Durante a transición ocupou cargos por designación directa por parte do goberno de UCD. Militou na Unión Liberal de Pedro Schwartz, formación coaligada con Alianza Popular, sendo elixida concelleira en Madrid en 1983 pola coalición destas formacións. En 1984 a súa formación fusionouse co Partido Liberal. Tras abandonar os liberais a coalición con AP, Aguirre pasou a formar parte desta última formación, pola cal foi elixida novamente concelleira en 1987. Asumiu a concellería de Medio Ambiente en xuño de 1989 trala moción de censura de CDS e PP contra os socialistas. En 1991 volveu a ser elixida concelleira e, tras lograr o PP maioría absoluta, foi nomeada terceira tenente de alcalde e novamente responsable da área de Medio Ambiente. En 1993 pasou a facerse cargo das áreas de Educación e Cultura. En 1995 foi novamente elixida e pasou a sela primeira tenente de alcalde. Nese mesmo ano moi nomeada conselleira de Caja Madrid.

Política nacional

editar

Foi elixida senadora nas Eleccións Xerais de 1996. Trala vitoria do PP en ditos comicios foi nomeada Ministra de Educación e Cultura no novo goberno de José María Aznar. En xaneiro de 1999 abandonou o goberno para asumir en febreiro a presidencia do Senado, sendo a primeira muller en ocupalo cargo.

Presidenta da Comunidade de Madrid

editar

En xullo de 2002 anunciouse a súa candidatura á Presidencia da Comunidade de Madrid para 2003 en substitución do entón presidente Alberto Ruiz-Gallardón, tras ser designado este como candidato á alcaldía da capital. En outubro de 2002 abandonou a presidencia do Senado para centrarse na súa candidatura.

En maio de 2003 tiveron lugar os comicios e logrou a vitoria, se ben perdeu a maioría absoluta da que gozaba o PP ata entón. Desta forma, abriuse a posibilidade dun novo goberno de esquerdas entre PSOE e IU. Porén, a actuación de dous tránsfugas socialistas frustrou dito goberno, polo cal se tiveron que repetilas eleccións no mes de outubro. Nesta nova convocatoria si logrou a maioría absoluta e foi elixida presidenta, a primeira desta comunidade e a segunda que o lograba en España. En novembro de 2004 asumiu a presidencia autonómica do PP de Madrid.

Foi reelixida presidenta da Comunidade de Madrid tralas eleccións de 2007 e 2011 por maioría absoluta.

En setembro de 2012 anunciou a súa dimisión como presidenta e deputada autonómica, se ben seguiu como presidenta do PP madrileño. Aguirre sinalou que había diversas razóns familiares e doutro tipo para a renuncia, e tamén que entre as razóns se atopaba o feito de estarse a recuperar dun cancro[1].

Durante a súa presidencia mantivo un forte enfrontamento interno co seu antecesor e entón alcalde de madrileño Alberto Ruiz-Gallardón.

Volta á política municipal

editar

A comezos de 2015 volveu á primeira liña política ao ser designada como candiata do PP á alcaldía de Madrid nas eleccións de maio. En dita convocatoria o PP sufriu un forte retroceso, pasando de 31 a 21 concelleiros, perdendo a maioría absoluta e quedando tan só un concelleiro por riba da candidatura cidadá progresista Ahora Madrid, encabezada pola ex-xuíza Manuela Carmena. Esta formación logrou a alcaldía co apoio do PSOE, polo que pasou á oposición.

As sucesivas detencións por corrupción de varios dos seus máis estreitos colaboradores na súa época como presidenta autonómica supuxo o seu progresivo afastamento da primeira liña política. En febreiro de 2016 dimitiu como presidenta do PP de Madrid e en abril de 2017 renunciou como concelleira e portavoz municipal.


Predecesor:
Jerónimo Saavedra Acevedo
(Ministro de Educación e Ciencia)
Carmen Alborch Bataller
(Ministra de Cultura)
  
Ministra de Educación e Cultura de España
 
1996 - 1999
Sucesor:
Mariano Rajoy Brey
Predecesor:
Juan Ignacio Barrero
  
Presidenta do Senado de España
 
1999 - 2002
Sucesor:
Juan José Lucas
Predecesor:
Alberto Ruiz-Gallardón
  
Presidenta da Comunidade de Madrid
 
2003 - 2012
Sucesor:
Ignacio González
  1. "Aguirre deja la política", nova en El País. Consultado o 17 de setembro de 2012 (en castelán).