Manuela Carmena
Manuela Carmena Castrillo, nada en Madrid o 9 de febreiro de 1944[1], é unha xurista española e xuíza emérita do Tribunal Supremo, que foi alcaldesa de Madrid dende o 13 de xuño de 2015 até o 15 de xuño de 2019.
Manuela Carmena | |
---|---|
![]() | |
Manuela Carmena Castrillo | |
Datos persoais | |
Nacemento | 9 de febreiro de 1944 |
![]() | |
Organización | Ahora Madrid |
Alma máter | Universidade de Valencia |
Profesión | Xuíz |
Relixión | Agnosticismo |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Como avogada, e canda outros militantes comunistas, participou na fundación do despacho laboralista do número 55 da rúa Atocha, en Madrid, escenario da coñecida matanza de Atocha[2].
Foi vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial a proposta de Esquerda Unida e unha das fundadoras da asociación progresista Jueces para la Democracia. En setembro de 2011 foi designada asesora do Goberno vasco presidido polo socialista Patxi López sobre atención ás vítimas de abusos policiais. Retirada da xudicatura dende 2010, Carmena en 2015 era membro do padroado da Fundación Alternativas, un think tank próximo ao PSOE.
Alcaldesa de MadridEditar
En 2015 presentouse como candidata ás primarias da candidatura Ahora Madrid[3] para as eleccións municipais de Madrid dese mesmo ano e foi elixida cabeza de lista cun 63 % dos votos.[4]
Nas eleccións do 24 de maio a lista que encabezaba obtivo ao redor dun 31,85% dos votos e 20 concelleiros, quedando en segundo lugar por detrás da lista do Partido Popular encabezada por Esperanza Aguirre, que obtivo un concelleiro máis. A repartición de concelleiros resultante das eleccións[5] permitiu a Carmena converterse na alcaldesa o 13 de xuño de 2015 tras ser apoiada polo PSOE de Antonio Miguel Carmona.[6]
NotasEditar
- ↑ La exjuez Manuela Carmena, candidata de Podemos en Madrid, nova aparecida en El País o 10 de marzo de 2015. (en castelán)
- ↑ Cadena Ser. "Se cumplen 35 años del asesinato de los abogados de Atocha, Entrevista en Hoy por hoy de Cadena Ser (24-1-2012) (en castelán)". Consultado o 07/04/2015.
- ↑ eldiario.es (ed.). "O partido co que se presentará Ganemos Madrid non terá vida orgánica".
- ↑ Roberto Bécares (30 de marzo de 2015). El Mundo, ed. "Manuela Carmena, cabeza de lista de Podemos+Ganemos Madrid".
- ↑ elmundo.es do 25 de maio de 2015
- ↑ elpais.com (ed.). "Pacto do PSOE e Ahora Madrid para que Manuela Carmena sexa alcaldesa".
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Entrevista en Para Todos La 2 (28-4-2014) (en castelán)
- Entrevista en Pido la Palabra de Canal Sur (16-4-2013) (en castelán)
- Entrevista en Hoy por hoy de Cadena Ser (24-1-2012)
Predecesor: Ana Botella |
Alcaldesa de Madrid 2015 - 2019 |
Sucesor: José Luis Martínez-Almeida |