Pío García-Escudero
Pío García-Escudero Márquez, IV conde de Badarán, nado en Madrid o 28 de outubro de 1952, é un arquitecto e político español. Foi presidente do Senado de España. Foi deputado da Asemblea de Madrid (1991-2003) e senador por Madrid (desde 1995), así como presidente do Partido Popular na Comunidade de Madrid (1993-2004).
(2018) | |
Nome orixinal | (es) Pío García-Escudero Márquez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de outubro de 1952 (71 anos) Madrid, España |
Q29564118 | |
28 de maio de 2018 – ← Cristina Cifuentes | |
Presidente do Senado de España | |
13 de decembro de 2011 – 20 de maio de 2019 ← Javier Rojo – Manuel Cruz Rodríguez → | |
Senador de España | |
14 de marzo de 2004 – 20 de maio de 2019 Circunscrición electoral: Madrid | |
Concelleiro de Madrid | |
23 de xuño de 2003 – 14 de abril de 2004 – Jesús Moreno Sánchez (en) → Electo en: 2003 Madrid City Council election (en) | |
Deputado na Asemblea de Madrid | |
30 de xuño de 1999 – 1 de abril de 2003 Lexislatura: V lexislatura da Asemblea de Madrid Electo en: 1999 Madrilenian regional election (en) | |
Senador de España | |
6 de xullo de 1995 – 18 de xuño de 2003 Nomeado por: Asemblea de Madrid | |
Deputado na Asemblea de Madrid | |
22 de xuño de 1995 – 20 de abril de 1999 Lexislatura: IV lexislatura da Asemblea de Madrid Electo en: 1995 Madrilenian regional election (en) | |
Q29564118 | |
1993 – 2004 ← Luis Eduardo Cortés (en) – Esperanza Aguirre → | |
Deputado na Asemblea de Madrid | |
20 de xuño de 1991 – 4 de abril de 1995 Lexislatura: III lexislatura da Asemblea de Madrid | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid - arquitectura (–1979) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | arquitecto , político |
Partido político | Partido Popular |
Lingua | Lingua castelá |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | María del Carmen Ramos Pérez (1982–) |
Pais | Felipe García-Escudero y Torroba (pt) e Eloísa Márquez y Cano (en) |
Parentes | Pío García-Escudero y Fernández de Urrutia (pt) (avó paterno) |
Premios
| |
Traxectoria
editarNaceu en Madrid, en 1952, sendo o maior dos dez fillos de Felipe García-Escudero y Torroba, III conde de Badarán, e Eloísa Márquez y Cano,[1] e recibiu o nome do seu avó o II conde, Pío García-Escudero y Fernández de Urrutia, que fora reitor da Universidade Politécnica de Madrid. García-Escudero superou os estudos de arquitectura na Escola Superior de Arquitectura de Madrid].
En 1987 entrou en política da man de José María Aznar, elixido presidente de Castela e León ese mesmo ano, como director xeral de Patrimonio e Promoción Cultural na Xunta de Castela e León.
En política local madrileña foi director de Rehabilitación do Casco Antigo do Concello de Madrid e segundo tenente de alcalde do mesmo.
En 1991 resultou elixido deputado polo Partido Popular na Asemblea de Madrid, escano que ocupou ata o ano 2003 e en 1993 convértese en presidente do Partido Popular en Madrid, cargo que ocupa ata 2004.
Desde o ano 1995 é senador, primeiro designado pola Asemblea de Madrid e posteriormente como senador electo. Ademais en dúas ocasións foi portavoz do Partido Popular no Senado, a primeira foi de 1996 a 1999 e a segunda de 2004 a 2011.
O 13 de decembro de 2011 foi elixido presidente do Senado para a X Lexislatura. O 13 de xaneiro de 2016 revalidou o cargo para a XI Lexislatura. Tamén foié o presidente do Senado na XII Lexislatura, sendo elixido o 19 de xullo de 2016.
Vida persoal
editarContraeu matrimonio en Valladolid o 15 de xuño de 1982 con María del Carmen Ramos Pérez, coa que tivo dous fillos:
Cargos desempeñados
editar- Director xeral de Patrimonio e Promoción Cultural da Xunta de Castela e León (1987-1991).
- Deputado na Asemblea de Madrid (1991-2003).
- Presidente do PP de Madrid (1993-2004).
- Senador por Madrid (Desde 1995).
- Voceiro do Grupo Popular no Senado (1996-1999).
- Segundo tenente de alcalde e Concelleiro de Urbanismo de Madrid (2003-2004).
- Voceiro do Grupo Popular no Senado (2004-2011).
- Presidente do Senado (2011-2019).
- Vicepresidente segundo do Senado (dende 2019).
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pío García-Escudero |
Predecesor: Luis Eduardo Cortés |
Presidente do PP da Comunidade de Madrid 1993-2004 |
Sucesor: Esperanza Aguirre |
Predecesor: Ángel Acebes |
Voceiro do Grupo Popular no Senado 1996-1999 |
Sucesor: Esteban González Pons |
Predecesor: Antolín Sanz |
Voceiro do Grupo Popular no Senado 2004-2011 |
Sucesor: Xosé Manuel Barreiro |
Predecesor: Javier Rojo |
Presidente do Senado 2011-2019 |
Sucesor: Manuel Cruz |
Predecesor: Joan Lerma |
Vicepresidente segundo do Senado 2019 |
Sucesor: - |