Ignacio González González

Ignacio González González, nado en Madrid o 19 de outubro de 1960,[1] é un político español militante do Partido Popular e expresidente da Comunidade de Madrid (tras a dimisión de Esperanza Aguirre anunciada o 17 de setembro de 2012), ademais é secretario xeral do PP de Madrid. Dende sempre estivo moi vinculado a Esperanza Aguirre e, con ela, ao sector máis dereitista do PP.

Infotaula de personaIgnacio González González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Comunidade de Madrid
27 de setembro de 2012 – 25 de xuño de 2015
← Esperanza AguirreCristina Cifuentes →
Deputado na Asemblea de Madrid
7 de xuño de 2011 – 31 de marzo de 2015

Q43262928 Traducir
22 de novembro de 2009 – 27 de setembro de 2012
Deputado na Asemblea de Madrid
12 de xuño de 2007 – 29 de marzo de 2011
Lexislatura: Q43097458 Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid - licentiate degree in law (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado , funcionario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLourdes Cavero Mestre Editar o valor em Wikidata
IrmánsIsabel Gema González González (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesPilar Cavero Mestre (en) Traducir (irmã da esposa (pt) Traducir)
Carmen Cavero Mestre (en) Traducir (irmã da esposa (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Twitter: igonzalezPP Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi subsecretario do Ministerio de Cultura, Educación e Deportes (1996-1999), durante o mandato de Esperanza Aguirre e secretario de Estado para a Administración Pública no Ministerio de Administracións Públicas (1999-2002), con Jesús Posada á fronte, onde xestou o chamado portelo única.

Durante o derradeiro mandato de José María Aznar, entre 2002-2004, Ignacio González desempeñou o labor de secretario de Estado de Inmigración no Ministerio de Interior, organismo que dirixía por aquel entón Ángel Acebes. Durante este tempo, Ignacio González foi o artífice da reforma da lei de Estranxeiría de España que foi pactada co PSOE no ano 2003.

Presidente da Comunidade de Madrid editar

O 17 de setembro de 2012, Esperanza Aguirre anunciou inesperadamente a súa dimisión como presidenta da Comunidade e deputada na Asemblea de Madrid, sendo substituída polo seu vicepresidente e portavoz Ignacio González dende 2003 (dende 2009 tamén ocupou a Consellería de Deportes e Cultura).

Tomou posesión do cargo o 26 de setembro dese mesmo ano[1] (nos días previos exerceu a presidencia en funcións) converténdose no cuarto Presidente da Comunidade de Madrid. Foi criticado por chegar ao cargo sen pasar polas urnas como os seus antecesores.

Cesou no cargo tralo nomeamento de Cristina Cifuentes (PP)), o 25 de xuño de 2015, logo das eleccións autonómicas e municipais celebradas ese ano. O 19 de abril de 2017 foi detido pola Garda Civil tras detectarse un feixe de irregularidades nas filiais latinoamericanas do Canal de Isabel II, e foi acusado de compra de empresas fraudulentas, malversación, blanqueo de capitais e financiamento irregular.[2] Pouco tempo despois o PP suspendeuno cautelarmente de militancia.[3] O 21 de abril de 2017 ingresou en prisión incondicional pola súa implicación no caso Lezo.

Vida persoal editar

No ámbito persoal, está casado e ten tres fillas.[1]


Predecesor:
Esperanza Aguirre
  
Presidente da Comunidade de Madrid
 
2012 - 2015
Sucesor:
Cristina Cifuentes

Notas editar

Véxase tamén editar