Fundación Montemadrid
A Fundación Montemadrid, marca baixo a que se presenta a Fundación Obra Social y Monte de Piedad de Madrid, é unha fundación española con sede en Madrid que ten como obxectivo o desenvolvemento da obra social e a xestión do patrimonio cultural que posúe, así como a operación de varios montes de piedade nalgunhas cidades españolas.
Fundación Montemadrid | |||
---|---|---|---|
Tipo | fundación ![]() | ||
Forma xurídica | fundación ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 14 de decembro de 2012 ![]() | ||
Cronoloxía | |||
Contacto | |||
Páxina WEB | fundacionmontemadrid.es ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |

A fundación é herdeira da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Madrid, comercialmente coñecida como Caja Madrid, a máis antiga das caixas de aforros españolas, fundada o 3 de decembro de 1702 como Monte de Piedad por Francisco Piquer, sacerdote aragonés. É a segunda empresa máis antiga de España despois de Codorníu (fundada en 1551). A caixa de aforros deixou de existir o 14 de decembro de 2012, cando se transformou en fundación de carácter especial.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Caja Madrid(en castelán)
- Obra Social Caja MadridArquivado 13 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
- Fundación Caja Madrid (en castelán)
- Banco Financiero y de Ahorros Arquivado 19 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)