Codorníu
Codorníu é unha empresa familiar catalá adicada á produción e comercialización de cava e viño.
Codorníu | |
---|---|
Museo Codorníu | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1551 |
Matriz | Familia Raventós |
Localización | Edificio Alta 1 Av. Països Catalans, 38, 08950 Esplugues de Llobregat Barcelona Cataluña |
Fundador | Jaume Codorníu (1551) Josep Raventós i Fatjó (1872) |
Industria | Alimentación |
Produtos | Cava Viño |
Beneficio | 185 millóns de euros |
Na rede | |
https://www.codorniu.com/ca | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarAs orixes da empresa están na familia Raventós a mediados do século XVI. Jaume Codorníu e a súa familia adicábanse á produción de viño.
En 1659, casan Anna dos Codorníu e Miquel Raventós. Anna foi a última da familia en levar o apelido Codorníu. Dende entón os herdeiros familiares pasaron a chamarse Raventós. Dous séculos despois, Josep Raventós i Fatjó inicia a modernización da empresa producindo a primeira botella de cava empregando o método tradicional mesturando as variedades tradicionais do Penedès: Macabeo, Xarel-lo e Parellada.
En 1887, a filoxera destrúe os viñedos do Penedès e obriga a replantar tódalas viñas familiares con enxertos de plantacións inmunes. En 1888 na Exposición Universal de Barcelona a marca gaña o primeiro premio, unha medalla de ouro.
En 1976 as cavas Codorníu son declaradas Monumento Histórico Artístico Nacional por Real Decreto do 9 de xaneiro de 1976.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Codorníu |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web de Codorníu Arquivado 28 de xuño de 2022 en Wayback Machine. (en varias linguas).