Abrir o menú principal

Carmen Alborch

política valenciana

Carmen Alborch Bataller, nada en Castelló de Rugat o 31 de outubro de 1946 e finada o 24 de outubro de 2018[1], foi unha política valenciana.

Carmen Alborch
Carmen Alborch (cropped).JPG
Nome completoCarmen Alborch Bataller
Nacemento31 de outubro de 1947
 Castelló de Rugat
Falecemento24 de outubro de 2018
 Valencia
Causacancro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valencia
Ocupaciónpolítica, profesora, escritora, avogada e xurista
PremiosHigh Honour of the Generalitat Valenciana, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil e Cruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en Dereito na Universidade de Valencia en 1970, doutorándose Cum Laude en 1973. Pasou a traballar como profesora nesa mesma universidade, chegando a ser decana da Facultade de Dereito en 1985.

A súa paixón pola cultura, levouna a o posto de Directora Xeral de Cultura da Generalitat Valenciana (1987), Directora do Instituto Valenciano de Arte Moderna (IVAM) (1987-1993), e Ministra de Cultura durante o derradeiro período de goberno de Felipe González (1993-1996). Foi deputada no Congreso dos deputados de España como independente nas listas do PSOE pola circunscrición de Valencia (1996-2008).

Nas eleccións municipais do ano 2007 foi candidata polo PSPV-PSOE á alcaldía de Valencia, saíndo gañadora das eleccións a candidata do Partido Popular, Rita Barberá. É concelleira e voceira do PSPV-PSOE no Concello de Valencia.

Nas eleccións xerais do ano 2008 foi elixida Senadora por Valencia, sendo a terceira candidata máis votada da circunscrición. Foi Secretaria Primeira da Mesa do Senado.

ObraEditar

  • Solas (1999)
  • Malas (2002)
  • Libres (2004)

NotasEditar

Véxase taménEditar