Prudencio Landín Carrasco
Prudencio Landín Carrasco, nado en Pontevedra o 12 de decembro de 1912 e finado na mesma vila o 30 de xuño de 1988, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
editarFillo de Prudencio Landín Tobío. Era licenciado en Dereito e profesor mercantil. Durante a guerra civil española combateu como voluntario no bando nacional, acadando o grao de tenente provisional de artillaría. Rematado o conflito bélico retomou o seu labor como avogado. Foi nomeado xefe provincial da policía municipal, traballou na delegación provincial de xustiza e dereito, e foi secretario do Tribunal tutelar de menores en Pontevedra.
En 1957 foi nomeado alcalde de Pontevedra, e en xullo de 1959 presidente da Deputación e procurador en Cortes. En 1963 foi nomeado Gobernador civil de Guadalaxara, e o 15 de febreiro de 1964 de Córdoba. O 8 de xuño de 1968 foi nomeado Gobernador civil da Coruña, cargo que ocupou até 1972.
Foille concedida a encomenda de Cisneros, a Gran Cruz do Mérito Civil e do Mérito Agrícola, e outras de carácter militar como a Laureada Colectiva.
Predecesor: Juan Argenti Navajas |
Alcalde de Pontevedra 1957 - 1959 |
Sucesor: Xosé Filgueira Valverde |
Predecesor: Luis Suárez-Llanos Menacho |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1959 - 1963 |
Sucesor: Enrique Lorenzo Docampo |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 02 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.