Amancio Landín Carrasco
historiador e escritor galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Amancio Landín.
Amancio Landín Carrasco, nado en Pontevedra o 3 de novembro de 1918 e finado ibídem o 28 de xullo de 2018,[1] foi un historiador naval e escritor galego.
Amancio Landín Carrasco | |
---|---|
Nacemento | 3 de novembro de 1918 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 28 de xullo de 2018 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiador e militar |
Pai | Prudencio Landín Tobío |
Fillos | Amancio Landín Jaraiz |
Irmáns | Rafael Landín Carrasco e Prudencio Landín Carrasco |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Prudencio Landín Tobío. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1941), foi profesor axudante de Dereito penal. Ingresou no corpo xurídico da Armada (1942) e foi coronel auditor (1966). Foi bolseiro do Instituto Histórico de Mariña do Consello Superior de Investigacións Científicas (1943-45). Doutorouse en Dereito pola Universidade de Madrid en 1974. Foi secretario e vogal do Tribunal de Defensa da Competencia. Dirixiu o periódico Litoral (1954-1955) e foi subdirector da Revista General de Marina.
É pai do político Amancio Landín Jaraiz.
Obras editar
- Vida y viajes de Pedro Sarmiento de Gamboa, 1945.
- Manual de Derecho Penal y Procedimientos Militares, 1947.
- Estudio criminológico sobre la multirreincidencia, 1965.
- España y Galicia en el estrecho de Magallanes, 1970.
- Tropa de hidalgos y mareantes, 1970.
- Mourelle de la Rúa, explorador del Pacífico, 1971.
- Islario español del Pacífico, 1984.
- Miscelánea marinera, 1984.
- Galicia e os descubrimentos oceánicos, 1991.
- Noticias de Portomaior, 1995.
- Figuras con mi pueblo al fondo, 2002.
- Caminar es vivir, 2006.
Notas editar
- ↑ G., Xurxo (27/7/2018). "Fallece el historiador Amancio Landín Carrasco". Faro de Vigo (en castelán).
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "Landín Carrasco, Amancio". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 217.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 268.