Enrique Lorenzo Docampo

Enrique Lorenzo Docampo, nado en Vigo o 16 de novembro de 1892 e finado na mesma cidade en 1981, foi un empresario e político galego.

Infotaula de personaEnrique Lorenzo Docampo
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1892 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1981 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 30 de xuño de 1970 – José Luis Peláez Casalderrey →
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
4 de outubro de 1963 – 6 de xuño de 1964
← Prudencio Landín Carrasco
Presidente da Deputación de Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Logo de estar emigrado na Arxentina entre 1911 e 1915, regresou á súa cidade natal para comezar a actividade empresarial. No barrio de Teis fundou en 1919 unha empresa caldeireira, co tempo reconvertida no estaleiro Factorías Vulcano-Enrique Lorenzo y Cía, que tivo o seu maior período de actividade na década de 1960, en pleno auxe do sector da construción naval. En 1958 fundou en Meira a empresa conserveira Conservas La Guía, activa até 1981.

En 1963 foi nomeado presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, permanecendo no cargo até 1970. Foi procurador en Cortes como representantes de Deputacións Provinciais (1963-1970). Amais, formou parte de diversas iniciativas económicas, deportivas e sociais. Foi membro da xunta directiva da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación local, conselleiro do Banco de Vigo, censor de contas de Tranvías eléctricos de Vigo, presidente do Centro de Hijos de Vigo, fundador e primeiro presidente do Real Aero Club de Vigo, e directivo do Club de Campo de Vigo.

En 1963 recibiu o Paul Tissandier Diploma de mans da Fédération Aéronautique Internationale pola súa achega á aviación deportiva.


Predecesor:
Prudencio Landín Carrasco
  
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1963 - 1970
Sucesor:
José Luis Peláez Casalderrey

Véxase tamén editar

Bibliografía editar