Meira, Moaña
Coordenadas: 42°17′24″N 08°43′14″O / 42.29000, -8.72056
Santa Eulalia de Meira é unha parroquia que se localiza no concello de Moaña. Segundo o IGE en 2011 tiña 3956 habitantes (1976 mulleres e 1980 homes), 136 máis ca en 1999. Ten oito entidades de poboación.
Meira | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial. | |
Concello | Moaña[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 3.956 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
Entre o seu patrimonio, cabe destacar a presenza de petróglifos: as dez estacións da parroquia son o petróglifo da Chan do Caeiro, petróglifo da Devesa do Rei, petróglifo da Torre de Meira, petróglifo da Xesteira, petróglifo das Meáns, petróglifo de Bronlle, petróglifo de Meira, petróglifo do Pozo Garrido, petróglifo do Viveiro e os petróglifos da Borna.
Santa Eulalia de Meira está representada pola igrexa de Santa Eulalia, na zona denominada "Meira de arriba"; pero a parroquia ten outras pezas de arquitectura como a capela da Virxe Peregrina, ou a ermida de San Bartolomeu, no centro da antiga illa de mesmo nome.
FestasEditar
No ano 2011 recuperouse o entroido de Meira, baseado na danza de madamas e galáns e desaparecido nos comezos da guerra civil española.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de MeiraEditar
Lugares da parroquia de Meira no concello pontevedrés de Moaña | |
---|---|
Couso | A Guía | Isamil | O Latón | A Moureira | O Pombal | Reibón | A Ribeira |
Parroquias de MoañaEditar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moaña | |
---|---|
Domaio (San Pedro) | Meira (Santa Eulalia) | Moaña (San Martiño) | Moaña (Virxe do Carme) | Tirán (San Xoán) |