Ceferino de Blas

escritor español

Ceferino de Blas García, nado en Cancienes (Corvera) o 24 de setembro de 1943 e finado en Vigo o 19 de febreiro de 2023,[1] foi un escritor e xornalista asturiano, vigués de adopción.

Ceferino de Blas
Ceferino de Blas.jpg
Nome completoCeferino de Blas García
Nacemento24 de setembro de 1943
Lugar de nacementoCancienes
Falecemento19 de febreiro de 2023
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Universidade Pontificia de Salamanca
Ocupaciónescritor
CónxuxeMarisa Real (xornalista)
EstudosCiencias da Información
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou no Seminario Metropolitano de Oviedo, Filosofía e Letras na Universidade Pontificia de Salamanca e a carreira de xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, titulándose en 1972, despois licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid.

Tratar de imponer el idioma autóctono sobre el de uso común en un mundo globalizado, puede interpretarse un gesto de coherencia identitaria y sentimental, pero es dejar a los pies de los caballos a quienes tendrán que convivir en otras comunidades de España.[2][3]

Fixo prácticas en La Voz de Avilés e traballou en La Voz de Asturias. Foi delegado da axencia EFE en Asturias, redactor xefe e subdirector de La Nueva España, pertencente ao grupo Prensa Ibérica, e correspondente en Asturias de El Periódico de Catalunya

Dende outubro de 1986 ata febreiro de 1994 dirixiu o diario Faro de Vigo,[4] pertencente, tamén, ao grupo Prensa Ibérica, proseguindo despois como articulista[5][6][7] e autor de varios libros, distribuídos co xornal.

Foi membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses dende 2013[8] e en 2017 nomeárono cronista oficial da cidade de Vigo, en sucesión de Lalo Vázquez Gil.

Vida persoalEditar

 
Necrolóxica no Faro de Vigo.

Estaba casado coa xornalista galega Marisa Real.

Obra bibliográficaEditar

ColectivaEditar

NotasEditar

  1. "Pesar en Vigo pola morte do seu cronista oficial, Ceferino de Blas". Nós Diario. 19 de febreiro de 2023. Consultado o 19 de febreiro de 2023. 
  2. "Mejor zarrapastroso que con traductores" Faro de Vigo, 10/12/2012 (en castelán).
  3. Diez, Filipe: "Anatomía dunha mentira (II) – Réplica a Ceferino de Blas" Praza Pública, 15/1/2013.
  4. "Faro de Vigo" (pp. 183-186) en: Vilavedra, Dolores (coord.): Diccionario da literatura galega II (Publicacións periódicas), Galaxia, Vigo, 1997, ISBN 84-8288-137-X.
  5. "Vigencia y significado de la polémica sobre Vigo entre "El Coruñés" y Faro" Faro de Vigo, 13/1/2010 (en castelán).
  6. "Los secretos de la RAG " Faro de Vigo, 20/5/2013 (en castelán).
  7. "El fenómeno Blue Jeans" Faro de Vigo, 24/6/2014 (en castelán).
  8. "Organigrama do Instituto de Estudios Vigueses". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2014. Consultado o 17 de maio de 2015. 
  9. Armando Requeixo: "O Faro de Cunqueiro" Galicia Confidencial, 12/7/2012.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar


Predecesor:
Lalo Vázquez Xil
 Cronista de Vigo 
2017 - 2023
Sucesor:
vacante