Universidade de Murcia
A Universidade de Murcia (UM) é unha universidade pública española, situada na Rexión de Murcia (España). Os seus centros atópanse distribuídos en cinco campus. Foi fundada en 1915. Ten aproximadamente 38.000 alumnos.
Universidade de Murcia | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | universidade pública e editor de acceso aberto ![]() | |||
Sede | Murcia ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Rexión de Murcia | |||
Concello | Murcia ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1915 ![]() | |||
Membro de | ||||
Membro de
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | um.es ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
En 2002 principiou, apoiada en varios patrocinadores coma o Banco de Santander ou a Fundación Séneca, a dixitalización do Fondo Histórico da súa Biblioteca, dando lugar á creación da Biblioteca Dixital Floridablanca.
Campus
editar- Campus de La Merced. É historicamente o primeiro campus, situado no centro da cidade de Murcia.
- Campus de Espinardo. É o campus máis grande, situado ao norte do municipio de Murcia, cerca do barrio murciano de Espinardo, en territorio das pedanías de El Puntal e Guadalupe.
- Campus de Ciencias da Saúde. Situado xunto ao Hospital Universitario Virxe da Arrixaca, na pedanía murciana de El Palmar.
- Campus de Ciencias do Deporte. Situado no municipio de San Javier, a beiras do Mar Menor.
- Campus de Lorca. Situado no municipio de Lorca.
Centros
editarA Universidade de Murcia está conformada por facultades e escolas universitarias, tendo carácter propio as facultades e adscrito as escolas universitarias.
Facultades
editar- Facultade de Belas Artes
- Facultade de Bioloxía
- Facultade de Ciencias do Deporte
- Facultade de Ciencias do Traballo
- Facultade de Ciencias Sociosanitarias
- Facultade de Comunicación e Documentación
- Facultade de Dereito
- Facultade de Economía e Empresa
- Facultade de Educación
- Facultade de Enfermería
- Facultade de Filosofía
- Facultade de Informática
- Facultade de Letras
- Facultade de Matemáticas
- Facultade de Medicina
- Facultade de Óptica e Optometría
- Facultade de Psicoloxía
- Facultade de Química
- Facultade de Traballo Social
- Facultade de Veterinaria
Escolas universitarias
editar- Escola Universitaria de Turismo de Murcia (centro adscrito)
- Escola Universitaria de Enfermería de Cartagena (centro adscrito)
- Instituto Superior de Ensinos ISEN Formación Universitaria (centro adscrito)
- Escola Universitaria de Osteopatía (centro adscrito)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Murcia |
- Sitio web da Universidade de Murcia (en castelán)
- Sitio web da Biblioteca Dixital Floridablanca (en castelán)
- Escola Universitaria de Turismo de Murcia (en castelán)
- Instituto Superior de Ensinos ISEN Formación Universitaria (en castelán)
- Escola Universitaria de OsteopatíaArquivado 01 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- Campus Mare Nostrum (en castelán)