Xabier Fortes
Xabier Fortes López, nado en Pontevedra o 7 de febreiro de 1966, é un xornalista galego.
(2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1966 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Xosé Fortes ![]() |
Irmáns | Susana Fortes, Alberto Fortes e Ana Belén Fortes ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense, realizou os seus primeiros traballos xornalísticos en RNE en Vigo, en 1988, e dous anos despois incorporouse a Televisión Española en Galicia, primeiro á delegación de Pontevedra e desde 1998 á de Santiago de Compostela, onde comezou o seu labor como editor e presentador de informativos territoriais. Foi tamén o encargado de conducir e dirixir todos os debates, espazos de entrevistas e programas especiais con motivo das distintas convocatorias electorais en Galicia. En 2007 é nomeado director do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia.
En 2011 foi nomeado director e presentador de «La Noche en 24 Horas»[1], o informativo nocturno do Canal 24 Horas.
Ademais, Fortes realizou unha ducia de documentais de variada temática, algúns de carácter deportivo (Os anos do Hai que Roelo) e outros de corte social e divulgativo, como a serie de catro capítulos As Illas do Sur (unha expedición científico-histórica polas illas das rías Baixas). O seu documental «Galicia no espello do tempo», é un repaso ás últimas catro décadas da historia de Galicia e coincidiu co corenta aniversario do Centro Territorial de TVE en Galicia e coa firma do convenio para recuperar e dixitalizar todo o arquivo histórico de cinema de TVE en Galicia.
Vida persoal
editarÉ fillo do escritor e militar Xosé Fortes e irmán dos escritores Alberto Fortes, Susana Fortes e Ana Belén Fortes.
Obra
editar- Sonata de Acuario (2023). Silleda: Ed. Elvira. En "A Ferrería. Historias para coñecer Pontevedra", do Diario de Pontevedra. 62 páxs. ISBN 978-84-128006-0-9. Conto.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xabier Fortes |
Ligazóns externas
editar- Entrevista en La OpiniónArquivado 14 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)