Xosé Carlos Valle Pérez

historiador da arte galego
(Redirixido desde "Carlos Valle")
Medalla de Galiza.svg

Xosé Carlos Valle Pérez, nado en Pontevedra o 25 de novembro de 1953[1], é un historiador da arte galego.

Xosé Carlos Valle Pérez
Xosé Carlos Valle Pérez.jpg
Nacemento25 de novembro de 1953
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador da arte
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Doutorouse en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de licenciatura e doutoramento.[2] A súa proxección no eido cultural galego acadouna como director da Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón e como director do Museo de Pontevedra dende 1987 ata 2018, sucedendo a Xosé Fernando Filgueira Valverde[3] e sendo substituído en 2019 por José Manuel Rey García.[4]

É membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, Correspondente das Reais Academias da Historia, Belas Artes de S. Fernando e Nacional de Belas Artes de PortuGalería. Tamén membro dos Padroados do Museo do Pobo Galego, do Centro Galego de Arte Contemporánea e do Museo Arqueolóxico Nacional, o Instituto "P. Sarmiento" de Estudios Galegos, o Centre Européen de Recherches sur les Congrégations et Ordres Religieux (CERCOR), o Centro de Estudios Xacobeos e o Instituto Cultural Galaico-Minhoto. Foi Director da "Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia" (Fundación Pedro Barrié de la Maza), Presidente da Confederación Española de Centros de Estudios Locais (CECEL-CSIC), Presidente da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra e Vocal do Xurado do Premio de Xornalismo Julio Camba.[5]

Foi comisario de diversas exposicións, algunhas de grande proxección como Santiago de Compostela: 1000 anos de Peregrinación Europea" ( Europalia-85, Gante-Bélxica), O Pórtico da Gloria e o seu tempo (Santiago, 1988), Galicia no Tempo (Santiago, 1991), Imaxes da Arte en Galicia (Lisboa, 1991), Bienal de Arte de Pontevedra (Edicións de 1992, 1994, 1996 e 1998), O Camiño de Santiago desde o aire (A Coruña, 1993), Do Tardogótico ó Manierismo: As relacións artísticas entre Galicia e Portugal (A Coruña, 1995), Arturo Souto (A Coruña, 1997), Arte de Císter en Portugal e Galicia (Lisboa, 1998 - A Coruña, 1999).[5]

Ditou numerosos relatorios, tanto en España como no estranxeiro e participou en múltiples congresos científicos, tanto nacionais como internacionais.

Obra bibliográficaEditar

É autor de numerosos artigos en revistas especializadas, participou en varias obras colectivas e coordinou publicacións.[6]

  • Las fundaciones de Clairvaux en la Galicia medieval: filiación directa : el siglo XII (1981). Santiago de Compostela. Ed de autor. ISBN 84-300-4472-8.
  • La arquitectura cisterciense en Galicia (1982). Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2 vols. ISBN 848572819X e 9788485728190.
  • Iglesia del Monasterio San Pedro de Vilanova Dozón (1983). Alvarellos.
  • Monasterio cisterciense de Santa María de Bujedo (1986). Rafael Pérez Escolar (pr.). Madrid: Ediciones de Arte y Bibliofilia. ISBN 84-85005-95-3.
  • Imaxes da arte en Galicia. Catalogación arqueolóxica e artística de Galicia do Museo de Pontevedra (1991). Fundación Pedro Barrié de la Maza.
  • Do tardogótico ó manierismo: Galicia e Portugal (1995). Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-87819-84-2.
  • O Balneario do Lérez: memoria gráfica dunha época (1997). Museo de Pontevedra. Con María Cristina Echave Durán. ISBN 84-89690-23-5.
  • Castelao e o teatro: escenografías [exposición] (2000). Museo de Pontevedra. ISBN 84-930924-6-0.
  • El arte románico en Galicia y Portugal (2001). Con Jorge Rodrigues. Instituto Camões. Fundação Calouste Gulbenkian : Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-89748-81-0.
  • Ovidio Murguía (2001). Fundación Pedro Barrié de la Maza.
  • Santa María de a Franqueira : Monasterio cisterciense (2003). Edilesa.
  • Xosé Filgueira Valverde, 1906-1996, un século de Galicia [exposición] (2007). Con Xesús Alonso Montero.Museo de Pontevedra. ISBN 978-84-95632-34-0.
  • Manuel Moldes: Pontevedra suite, 1983-1987: [exposición, 27 de xullo-17 de setembro 2017, Museo de Pontevedra] (2018). Con Alberto González Alegre; Angel Cerviño (coord.). Deputación Provincial de Pontevedra. ISBN 978-84-95632-80-7.

PremiosEditar

  • Medalla de Galicia.
  • Premio Cidade de Pontevedra na categoría de Cultura[7].
  • Premio Voz del Año de la Cultura.
  • Homenaxe Peña da Boina 2019.[8]

NotasEditar

  1. Barrera, F., ed. (2002). "Valle Pérez, José Carlos". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 573. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. "Currículum de Carlos Valle" (PDF). Academia Gallega de Bellas Artes. Consultado o 04/01/2020. 
  3. «El día que Filgueira dejó el Museo» Faro de Vigo, 11/12/11
  4. "Noticia - José Manuel Rey García, novo director do Museo de Pontevedra - Actualidade". www.depo.gal. Consultado o 2020-01-04. 
  5. 5,0 5,1 "Xosé Carlos Valle Pérez". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-01-04. 
  6. "José Carlos Valle Pérez". Dialnet (en castelán). Consultado o 2020-01-04. 
  7. Pontevedra, Diario de (2018-06-03). "Carlos Valle: "A persoa máis significada para dar nome ao Sexto Edificio é Filgueira Valverde". Diario de Pontevedra. Consultado o 2020-01-04. 
  8. "Carlos Valle enfúndase a boina". Pontevedra Viva. Consultado o 2020-01-04. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar