Museo Arqueolóxico Nacional de España

O Museo Arqueológico Nacional (nome oficial) está situado na rúa Serrano, no chamado Palacio de Bibliotecas e Museos, que comparte coa Biblioteca Nacional, e á beira da Praza de Colón en Madrid (España).

Museo Arqueológico Nacional
Fachada da Rúa Serrano
Coordenadas40°25′25″N 3°41′22″O / 40.42361, -3.68944
PaísEspaña
CidadeMadrid
DirectorIsabel Izquierdo Peraile.
Na rede
http://man.mcu.es/, http://www.man.es/, http://www.man.es/man/en/home.html, http://www.man.es/man/ca/home.html, http://www.man.es/man/gl/home.html, http://www.man.es/man/eu/home.html e http://www.man.es/man/eu/home.html
Facebook: Museo-Arqueológico-Nacional-de-España Twitter: MANArqueologico BNE: XX127435 Dialnet: 2115497 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Entre outras federacións e entidades, o museoforma parte da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).[1]

Dama de Elx.

Historia

editar

Fundouse en 1867 por Real Decreto de Isabel II. A súa creación estivo motivada pola necesidade de dispor dun museo onde, do mesmo xeito que nos restantes países europeos, puidesen conservarse, clasificar e expor os materiais arqueolóxicos, etnográficos, de artes decorativas e numismáticas que reuniran os monarcas españois na Real Biblioteca, no Real Gabinete de Historia Natural e noutras institucións.

Directores

editar

Desde 1999 o director é designado polo ministerio a cargo de asuntos culturais (no 2007, é o Ministerio de Cultura), a proposta do Director Xeral de Belas Artes e Bens Culturais.

Directores
Nome Período Imaxe
Pedro Felipe Monlau 1867-1868  
José Amador de los Ríos y Serrano 1868  
Ventura Ruiz Aguilera 1868-1872  
Antonio García Gutiérrez 1872-1884  
Francisco Bermúdez de Sotomayor 1884-1886  
Basilio Sebastián Castellanos de Losada 1886-1891  
Juan de Dios de la Rada y Delgado 1891-1900  
Juan Catalina García López 1900-1911  
Rodrigo Amador de los Ríos y Villalta 1911-1916  
José Ramón Mélida Alinari 1916-1930  
Francisco de Paula Álvarez-Ossorio y Farfán de los Godos 1930-1939  
Casto María del Rivero 1937  
Cayetano de Mergelina 1937-1939  
Blas Taracena Aguirre 1939-1951  
Joaquín María de Navascués y de Juan 1952-1966  
Augusto Fernández de Avilés y Álvarez-Ossorio 1967-1968  
Martín Almagro Basch 1968-1981
Eduardo Ripoll Perelló 1981-1986  
José Alfonso Moure Romanillo 1987-1988  
José María Luzón Nogué 1988-1991  
María del Carmen Pérez Díe 1991-1997  
Martín Almagro Gorbea 1998-1999  
Marina Chinchilla Gómez 1999-2000
Miguel Ángel Elvira Barba 2000-2004  
Rubí Sanz Gamo 2004-2010  
Andrés Carretero Pérez 2010-2022  
Isabel Izquierdo Peraile Desde 2022  

O edificio

editar
 
Praza de Colón.

A primeira sede foi provisoria: un antigo palacete da rúa de Embaixadores chamado o Casino da Raíña, que pertencera a Isabel de Bragança, esposa de Fernando VII.

En 1895, os seus fondos foron trasladados definitivamente ao Palacio de Biblioteca e Museos.

O edificio ocupaba os terreos dunha antiga leira coñecida como a horta de San Filipe Neri. Empezouse a construír en 1866 sobre os planos de Francisco Jareño e Alarcón, pero as obras non concluíron ata 1892, baixo a dirección de Antonio Ruiz de Salces. O edificio, de estilo neoclásico, é de planta rectangular, con catro grandes patios interiores. A fachada que dá á rúa de Serrano presenta unha portada con columnas dóricas na entrada e unha columnata xónica da balconada no piso superior. No xardín de acceso atópase a reprodución da cova de Altamira.

Fondos

editar
 
Dama de Baza.

Contaba no ano 2003 con 34 salas que abarcaban 22 períodos da cultura e historia de España. Nel pódense atopar obras tan importantes como:

Ademais, conta cunha reprodución do teito dos polícromos da cova de Altamira no xardín exterior, cuxo orixinal atópase en Santillana del Mar (Cantabria).

Pezas galegas no museo

editar

Galicia ten unha presenza significativa no patrimonio que se conserva no museo.[2]

O contido deste artigo incorpora material dunha entrada da Enciclopedia Libre Universal, publicada en castelán baixo a licenza GFDL.
  1. "Museum members". International Art Medal Federation
  2. Rodríguez, Salvador. "Galicia en el Museo Arqueológico Nacional" en Estela, Revista dominical de Faro de Vigo, 20/4/2014.
  3. San Paio de Antealtares na páxina do MAN.
  4. Catedral de Santiago de Compostela na páxina do MAN.
  5. 5,0 5,1 "Puente Punide" [sic] na páxina do MAN.
  6. Togate figure no Google Art Project.
  7. 7,0 7,1 Cultura castrexa na páxina do MAN.
  8. Vigo na páxina do MAN.
  9. Santiago de Compostela na páxina do MAN.
  10. Bronces coa caetra na páxina do MAN.
  11. Montefaro na páxina do MAN.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar