Plaza de Colón de Madrid

Coordenadas: 40°25′30″N 3°41′22″O / 40.424925, -3.6894388888889

A Plaza de Colón é unha das prazas máis emblemáticas da cidade de Madrid. Recibe o nome de Cristovo Colón, ao que fai honor. Atópase delimitada polas rúas Serrano, Goya, Jorge Juan, e os paseos de Recoletos e La Castellana, unindo estes dous coa rúa Génova.

Plaza de Colón

Na praza atópanse o Centro de arte Teatro Fernán Gómez, un monumento a Cristovo Colón de estilo neogótico erixido entre 1881 e 1885, e os Xardíns do Descubrimento, cun monumento formado por tres macroesculturas de formigón. Ademais, dende 2001, ondea na praza a bandeira de España máis grande do mundo, de 14 x 21 metros (294 m²), nun mastro de 50 m de altura.[1]

Notas editar