Bandeira de España

A actual bandeira de España aparece por mor de que no século XVIII as bandeiras de Francia, Nápoles, Toscana, Parma, Sicilia e a da propia España eran brancas, cor da casa de Bor­bón, o que producía gran confusión non só nos exércitos, senón, o que era máis importante, no mar, no que os navíos das diversas potencias citadas podían ser confundidos facilmente.

Bandeira de España
Bandeira de España
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción5 de outubro de 1981
Cores     Vermello     Ouro

Historia editar

Orixes editar

Carlos III tomou a decisión de dispoñer que se buscase unha bandeira distinta á dos demais países e que fose facilmente distinguida en pleno mar, e promoveu un concurso de dese­ños. No Museo Naval de Madrid poden verse os doce debuxos que foron presentados ao rei; ningún deles corres­ponde exactamente á bandeira española actual. O rei, modificou persoalmente un pouco un dos proxectos presentados, que foi o que se adoptou o 28 de maio de 1785 como bandeira da mariña de guerra española (Armada Española), e só da de guerra, pois a ensina dos navíos mercantes tiña que ter cinco bandas -tres amarelas e dúas vermellas- para que se distinguisen facilmente uns barcos doutros.

Máis tarde e baixo o reinado de Isabel II, o 13 de outubro de 1843 o goberno provisional de España elixiu esta bandeira como a peculiar de todo o Estado. O texto do real decreto, di textualmente:

Sendo a Bandeira nacional o verdadeiro símbolo da mo­narquía española, chamou a atención do goberno a dife­renza que existe entre aquela e as particulares dos cor­pos do Exército: tan notable diferenza trae a súa orixe do que tivo cada un deses mesmos corpos, porque, formados baixo a denominación e influxo dos diversos reinos, provincias ou pobos en que estaba antigamente dividida España, cada cal adoptou as cores ou brasóns daquel que lle daba nome.

Nesta bandeira colocouse o escudo coas armas reais, que foi modificado cando a revolución de 1868, en que apa­receron os cuarteis de Castela, León, Aragón e Navarra, co de Granada entre as columnas de Hércules e baixo coroa mural. As 3 flores de lis pertencentes á familia Borbón fo­ron suprimidas.

  • Baixo o reinado de Amadeu de Savoia modificouse soamen­te o escudo, substituíndo as flores de lis borbónicas pola cruz branca da monarquía savoiana, e o 11 de febreiro de 1873.
  • A Primeira República, por orde circular do 2 de outubro de 1873, suprime os símbolos monárquicos da bandeira (a coroa e a cruz branca da Dinastía Savoia).
  • Baixo o reinado de Afonso XII (1874-1885) con data do 10 de decembro de 1878, prolongase unha Instrución sobre ensinas, bandeiras, honores e saúdos marítimos polo cal no artigo primeiro descríbese a Bandeira nacional volvendo ao mesmo estado que na época isabelina.

Segunda República Española editar

Bandeira de Segunda República Española
 
Características
Uso
Proporción3:5
Adopción27 de abril de 1931
Cores     Vermello     Amarelo     Morado

A bandeira da Segunda República Española é unha bandeira tricolor horizontal composta polas cores vermella, amarela e morada (de arriba abaixo e as tres cores do mesmo ancho) que foi a oficial de España entre os anos 1931 e 1939, durante a devandita etapa da Historia de España. No centro da bandeira, atópase o Escudo da Segunda República Española. Esta bandeira foi adoptada polo goberno o día 27 de abril de 1931.

  • O 27 de abril de 1931, o Goberno provisional da II República promulgaba un decreto (Colección Lexislativa do Exército, número 201) en cuxo artigo 1 °Fálase da adopción como bandeira nacional da tricolor, descrita no artigo 2º do seguinte xeito:
«... formada por tres bandas horizontais de igual ancho, sendo vermella a superior, amarela a central e morada escura a inferior. No centro da banda amarela figurará o escudo de España, adoptándose por tal o que figura no reverso das moedas de cinco pesetas acuñadas polo Goberno provisional en 1869 e 1870", isto é: Castela, León, Aragón, Navarra sen a esmeralda, e Granada en punta, acoladas a columnas de Hércules, sen coroas, e baseadas en terra e cun único listón entrelazándoas coa lenda "Plus ultra", ao timbre coroa mural».

Ademais, detállase que a bandeira de endrizar en fortificacións, campamentos e edificios tería as dimensións de 135 de ancho por 225 de longo. A cor morado foi atribuído segundo algúns escritores, ao pendón de Castela.

1938 - actualidade editar

  • O alzamento militar de 1936 produciuse ao parecer co berro de «Viva a República!», e foi o xeneral Mola o que, premido ao pa­recer polos monárquicos tradicionalistas navarros, impuxo a bandeira bicolor corenta días despois do 18 de xullo. O escu­do segue sendo o da República ata o 2 de febreiro de 1938, en que aparece a aguia de san Xoán. Este escudo e esta bandeira foron os oficiais durante toda a época franquista.
  • Pola Constitución española de 1978, no seu artigo IV, apar­tado I, proclámase que "a bandeira de España está formada por tres franxas horizontais vermella, amarela e vermella, sendo a amarela de dobre anchura que cada unha das vermellas». Non fala para nada do escudo, polo que é hoxe un suxeito de polémica ao considerar anticonstitucional á bandeira de España que levou o anterior escudo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar