Juan de Dios de la Rada y Delgado

arqueólogo e numismático español

Juan de Dios de la Rada y Delgado, nado en Almería o 13 de agosto de 1827 e finado en Madrid o 3 de xullo de 1901, foi un avogado, político, arquiveiro, arqueólogo, numismático, orientalista e autor literario español, catedrático universitario e director do Museo Arqueolóxico Nacional de 1891 a 1900.

Infotaula de personaJuan de Dios de la Rada y Delgado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1827 Editar o valor em Wikidata
Almería, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xullo de 1901 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Director Museo Arqueolóxico Nacional de España
1891 –
Senador de España
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , historiador , político , escritor , arqueólogo , numismático , profesor titular Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Juan de Dios de la Rada naceu en Almería o 13 de agosto de 1827,[1] un dos catro fillos de Margarita Delgado e Juan de Dios de la Rada y Henares,[2] catedrático de Medicina e de Física da Universidade de Granada.[3][4]

De la Rada cursou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Granada, e en 1852 doutorouse en Xurisprudencia,[5][6] cunha tese sobre as probas criminais en materia xudicial,[3] publicada en Granada no mesmo ano.[4][7]

Carreira profesional e académica editar

Culminada a súa etapa formativa, compaxinou o exercicio da avogacía co desempeño de varios traballos, como o de rexente agregado na Facultade de Filosofía e Letras de Granada (1849-1850), oficial na secretaría nesa universidade (1850-1853), profesor interino na Cátedra de Notariado (1852-1853) e oficial de secretaría da entón chamada Universidade Central (1853-1856), e tamén chegou a dirixir un xornal en 1856. Tamén foi avogado consultor do Patrimonio Real ata a Revolución de 1868.[3][4][8]

En 1858 ingresou no Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Anticuarios, e en 1868 adscribiuse ao Museo Arqueolóxico Nacional, Institución que dirixiu desde o 19 de febreiro de 1891 ata a súa xubilación o 4 de agosto de 1900.[4][5] A partir desa data pasou a ocupar o cargo de director do Museo de Reproducións Artísticas, ata o seu falecemento.[8]

Paralelamente á súa actividade no ámbito museístico, Juan de Dios de la Rada foi tamén catedrático de Arqueoloxía, Numismática e Epigrafía da Escola Superior de Diplomática, primeiro en comisión, desde o 19 de novembro de 1856, e logo xa en propiedade, a partir do 7 de novembro de 1858); e foidirector da institución entre 1876 e 1900.[4][8] No seo da Escola Superior de Diplomática contribuíu a impor o método histórico no estudo e na preservación do patrimonio, e foi o arqueólogo máis recoñecido do seu tempo.[3][5] Tamén está considerado un dos pais da numismática moderna en España, xunto con Francisco Bermúdez de Sotomayor, Antonio Delgado e Antonio Vives y Escudero, entre outros.[4]

Entre 1854 e 1857 foi tamén titular da cátedra de Disciplina Eclesiástica na Universidade Central,[3][8] como substituto de Joaquín Aguirre.[4]

No campo da arqueoloxía, o seu maior logro foi a organización, no seo do Museo Arqueolóxico Nacional, da expedición da fragata Arapiles polo Mediterráneo Oriental (Alxeria, Italia, Grecia, Turquía, Terra Santa e Exipto) en 1871, ordenada por Amadeu I de Savoia.[3][5] No curso desta expedición adquiríronse diversas antigüidades que seguen a formar parte dos fondos do Museo Arqueolóxico Nacional. Entre 1876 e 1878, De la Rada publicou un longo e exhaustivo informe sobre esta viaxe,[9] que conta con debuxos e fotografías do arquitecto Ricardo Velázquez Bosco.[10]

Ao longo da súa traxectoria profesional, foi membro de numerosas comisións e grupos de expertos, como a comisión mixta organizadora das Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos, e presidiu a Comisión do IV Centenario do Descubrimento de América. Foi tamén vogal do Consello de Instrución Pública e do Consello de Filipinas e Ultramar;[4][8][11] así como vogal da Xunta Superior de Prisións.[3]

De la Rada foi tamén poeta e escritor literario, e compaxinou os seus diversos cargos e traballos co exercicio privado da avogacía.[3][4]

 
De la Rada foi cofundador, editor e director da revista Museo Español de Antigüedades (1872-1880).[12]

Entre os recoñecementos que mereceu, cómpre salientar a gran cruz da Orde de Isabel a Católica e o título de caballero da Orde de Carlos III,[8] así como outras honras estranxeiras, como a de comendador da Orde de Cristo de Portugal, da Orde Imperial de Turquía e da Orde da Rosa do Brasil.[3][4]

No terreo ideolóxico, Juan de Dios de la Rada era patriota, católico e de tendencia monárquica conservadora;[13] militou no Partido Liberal-Conservador de Cánovas del Castillo e estivo moi vinculado á Casa Real española. Foi elixido senador do Reino en dúas ocasións, polas provincias de Lleida (1886-1990) e pola de Castelló (1893-1895).[3][4][14]

O 28 de abril de 1854 foi elixido membro correspondente da Real Academia da Historia, e o 27 de xuño de 1875 membro de número.[5] Nesta institución formou parte da Comisión de Publicacións; e publicou máis de 20 comunicacións no Boletín de la Academia; e tamén ocupou o cargo de Anticuario desde o 8 de marzo de 1901 ata a súa morte, poucos meses despois. Igualmente, foi nomeado membro numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (14 de maio de 1882),[11][15] e académico profesor da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.[3][4][8]

Juan de Dios de la Rada y delgado finou en Madrid o 3 de xullo de 1901.[4]

Publicacións editar

As abundantes publicacións de Juan de Dios de la Rada y Delgado son moi diversas, desde a creación literaria a estudos sobre xurisprudencia, astronomía e, sinaladamente, sobre historiografía, arqueoloxía e numismática. Ademais dos traballos monográficos publicou tamén numerosos artigos, principalmente nas revistas Museo Español de Antigüedades (cofundador, editor e director, 1872-1880),[12] Revista Universitaria (director), La Academia (director), Boletín de la Sociedad Geográfica de Madrid, La Ilustración Católica, La Ilustración Española ou El Museo Universal.[3][16][17][18][19][20]

Escolma de monografías editar

 
Portada de Mugeres célebres de España y Portugal (1868).

Historiografía e arqueoloxía

 
Catálogo de monedas arábigas españolas que se conservan en el Museo Arqueológico Nacional (1892).

Numismática editar

Dereito

Traducións

Creación literaria

 
Dos madres y un solo amor. Drama en tres actos y en verso (1864).

Otros

Notas editar

  1. Almagro Gorbea, A. (1999). Páxina 146.
  2. Entrala, F. (1862). "Biografía del doctor don Juan de Dios de la Rada y Henares". En El Museo Universal. Nº 29. 20 de xullo. Páxinas 227-228.
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 "Juan de Dios de la Rada y Delgado". Real Academia de la Historia (RAH.es).
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 Peiró Martín, I.; Pasamar Alzuria, G. (2002). Páxina 509.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Papí Rodes, C. "Juan de Dios de la Rada y Delgado". Museo Arqueológico Nacional (MAN.es).
  6. Almagro Gorbea, A. (1999). Páxinas 146-147.
  7. Véxase "(1852)" en "Publicacións".
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 Almagro Gorbea, A. (1999). Páxina 147.
  9. Véxase "(1876-1878)." en "Publicacións.
  10. Pascual González, J. (2005). "Don Juan de Dios de la Rada y Delgado y los expedicionarios de la fragata de guerra Arapiles en Tierra Santa". En Arbor. Nº 70. Páxinas 805-824.
  11. 11,0 11,1 Sentenach, N. (1901). Páxina 641.
  12. 12,0 12,1 Museo Español de Antigüedades [acceso en liña a todos os números]. Archive.org
  13. Sentenach, N. (1901). Páxina 640.
  14. "Rada y Delgado, Juan de Dios de la". Senado de España (Senado.es).
  15. Véxase "(1882)" en "Bibliografía".
  16. "Juan de Dios de la Rada y Delgado". The Online Books Page.
  17. Almagro Gorbea, A. (1999). Páxina 148.
  18. Peiró Martín, I.; Pasamar Alzuria, G. (2002). Páxinas 509-510.
  19. "Bibliografía del Excmo. Sr. D. Juan de Dios de la Rada y Delgado". En Sentenach, N. (1901). Páxinas 642-645.
  20. "Rada y Delgado, Juan de Dios". GicesXIX.uab.cat

Véxase tamén editar

Bibliografía editar