Monumento histórico

Os monumentos do patrimonio histórico de España son unha serie de realizacións arquitectónicas, de enxeñería ou esculturaIs españolas que polo seu interese e valor gozan dunha protección xurídica específica recollida na Lei 16/1985, do 25 de xuño de 1985, do Patrimonio Histórico Español[1] para a súa preservación, enriquecemento e exhibición. Os monumentos son unha categoría dentro da declaración máis ampla de bens de interese cultural.

As Torres de Oeste foron declaradas BIC.

Descrición

editar

O catálogo de monumentos é xestionado pola Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais a través da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Histórico mediante o Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural no que tamén participan as distintas comunidades autónomas españolas.

Pola súa banda, o Instituto do Patrimonio Cultural de España ten a misión e funcións de restauración, investigación, documentación, formación e asesoría na conservación do patrimonio histórico.

O Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural de España inclúe máis de 13.000 monumentos que veñen identificados co número 51 no primeiro lugar do código de BIC.[2]

  1. BOE de 29 de xuño de 1985, dispoñible en mcu.es
  2. A data 23 de febreiro de 2011 a consulta á base de datos de bens inmobles daba unha cifra de 13.797 rexistros ao buscar «Monumento» na cela «Xeral».

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar