Antonio Vives y Escudero
Antonio Vives y Escudero, nado o 4 de febreiro de 1859 en Madrid e finado o 19 de maio de 1925 na mesma cidade, foi un numismático, arqueólogo e arabista español de orixe menorquina. Foi académico da Real Academia da Historia e reuniu unha das mellores coleccións de obxectos arqueolóxicos de España.[2][3][4][5][6]
Antonio Vives y Escudero Ca. 1920) Fotografía de Franzen, Hauser & Menet. [1] | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 1859 Madrid, España |
Morte | 19 de maio de 1925 (66 anos) Madrid. España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Española. |
Educación | Escola Superior de Diplomática de Madrid. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | profesor universitario, numismático, arabista, historiador, arqueólogo, escritor |
Empregador | Universidade de Madrid |
Membro de | |
Alumnos | Cayetano de Mergelina Luna |
Influencias en | |
Familia | |
Cónxuxe | Concepción Segura Roselló (1900) |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Vives Escudero (Antonio), p.483) |
Membro da Real Academia da Historia |
En 1900 casou coa actriz e cantante de zarzuela Concepción Segura Roselló.[3][7]
Traxectoria
editarInfancia e formación
editarAntonio Vives y Escudero naceu en Madrid, fillo de Sebastián Vives Batlle e Anna Escudero Vinent, unha familia procedente de Menorca que rexentaba en Madrid a confeitaría La Mahonesa. Na súa primeira infancia, a familia volveu a Maó, onde Antonio cursou o seu ensino secundario. Nesta época de xuventude naceu o seu interese pola arqueoloxía e a numismática, por mor das excursións que facía por Menorca, nas que recollía moedas e outros obxectos que despois clasificaba.[3][2]
Concluído o bacharelato no Instituto de Maó en 1875, volveu a Madrid para estudar Medicina, aínda que axiña abandonou estes estudos. Despois dun proxecto comercial frustrado na Habana, matriculouse en 1890 na Escola Superior de Diplomática de Madrid, onte acadou o título de arquiveiro, bibliotecario e arqueólogo.[3][8]
Carreira académica e profesional
editarDe camiño comezou a súa dedicación á investigación e as súas primeiras publicacións, sobre temas diversos, como a numismática e a arte arábigas, a moeda castelá, a reforma monetaria dos Reis Católicos ou a moeda da idade de bronce.[3]
Paralelamente ás súas primeira publicacións, levou a cabo a catalogación de diversos achados monetarios e encomendóuselle o tomo relativo ás Illas Baleares da serie Catálogo Artístico y Monumental de España, que non chegou a saír á luz. O 20 de xaneiro de 1905 foi designado polo rei Afonso XIII para a elaboración do Inventario de los Monumentos Artísticos de España, Provincia de Baleares. Mais foi a partir da publicación en 1926 de La moneda hispánica, cando comezou a ser considerado como un estudoso de prestixio no ámbito numismático.[3][9]
Ese recoñecemento levouno a relacionarse con outros investigadores e coas grandes institucións científicas de España, como o Museo Arqueolóxico Nacional ou a Real Academia da Historia, que lle achegaron aos seus estudos posteriores unha perspectiva máis científica. E ao mesmo tempo, coñeceu relevantes coleccionistas e anticuarios e comerciantes mediante os cales perfeccionou a súa colección de moedas e obxectos artísticos e arqueolóxicos, que iniciara xa desde neno.[3][9] Vives y Escudero está considerado un dos pais da numismática española moderna, xunto con Francisco Bermúdez de Sotomayor, Juan de Dios de la Rada e Antonio Delgado y Hernández, entre outros.[10]
Tamén se dedicou nesa etapa a taxar obras de arte, tanto de xeito privado como no seo de institucións como o Instituto Valencia de Don Juan.[3]
A partir de 1903, Vives participou en numerosas escavacións arqueolóxicas na illa de Menorca, en Eivisa e noutros lugares do Mediterráneo.[3][11]
No ámbito docente, Vives y Escudero foi profesor de arte árabe no Ateneo de Madrid e na Escola de Estudos Árabes. Tamén impartiu docencia na Universidade Central de Madrid, onde en 1911 foi nomeado catedrático de Numismática e Epigrafía da Facultade de Filosofía e Letras.[12][13] Pola súa banda, a partir de 1904, Vives ingresou no Museo Arqueolóxico Nacional como arabista adscrito á súa sección de Numismática.[14] En 1922 foi nomeado director do Instituto Valencia de Don Juan.[3]
Entre outras institucións internacionais, Vives formou parte da Hispanic Society of America e do Instituto de Arqueoloxía de Berlín.[3]
Recoñecementos
editarA colección Vives y Escudero
editarAo longo da súa vida, Antonio Vives dedicouse a coleccionar obxectos tan diversos como pinturas, gravados, estatuas, mostras epigráficas, vidros, cerámica, bronces iberoromanos e, sobre todo, moedas antigas de Hispania e moeda árabe.[3][16]
Hoxe a súa colección atópase esparexida por diferentes centros e espazos museísticos. A súa familia doou gran parte do seu legado ao municipio de Maó, que logo llo traspasou ao Museo de Menorca en 1946 e en 2015.[3][16]
Os principais núcleos da súa colección consérvanse no Museo de Menorca, no Museo Arqueolóxico Nacional de España e na Hispanic Society of America, en Nova York.[3][16]
Publicacións
editarMonografías
editar- (1893). Monedas en las dinastías arábigo-españolas. Madrid.
- (1901). La moneda castellana :discursos leídos ante la Real Academia de la Historia en la recepción pública del señor D. Antonio Vives el dia 7 de julio de 1901. Madrid.
- (1902). La numismática en la obra 'Orígenes históricos de Cataluña' por D. José Balari y Jovany. Madrid.
- (1903). La moneda en la edad de bronce. Madrid.
- (1910). El Arte Egeo en España. I. Construcciones Primitivas de las Islas Baleares. Madrid.
- (1910): El Arte Egeo en España. II Cerámica primitiva de las Islas Baleares . Madrid.
- (1916). Medallas de la Casa de Borbón, de D. Amadeo I, del Gobierno Provisional y de la República Española. Madrid.
- (1917). Estudio de arqueología cartaginesa: la necrópoli de Ibiza. Madrid.
- (1921). Informes sobre el medallón de oro de Augusto (con R. Medina y Alinari). Madrid.
- (1924). La moneda hispánica. Atlas. Madrid.
- (1926). La moneda hispánica. Madrid.
Notas
editar- ↑ Wilson, Michelle "Retrato de Antonio Vives y Escudero" Biblioteca Nacional de España.
- ↑ 2,0 2,1 Mederos Martín, A. (2014). Páxina 417.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 Martot, T. (2016).
- ↑ "Antonio Vives y Escudero". Biografías. Real Academia de la Historia.
- ↑ "Antoni Vives i Escudero". Enciclopèdia Catalana.
- ↑ "Antoni Vives Escudero (1859-1925) Arquivado 28 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Museu de Mallorca.
- ↑ Mederos Martín, A. (2014). Páxina 418.
- ↑ Mederos Martín, A. (2014). Páxina 417-418.
- ↑ 9,0 9,1 Mederos Martín, A. (2014). Páxina 422-425.
- ↑ Peiró Martín, I.; Pasamar Alzuria, G. (2002). Diccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos. Páxinas 213-214. Akal, Madrid. ISBN 84-460-1489-0. Páxinas 213, 509, 675.
- ↑ Mederos Martín, A. (2014). Páxina 427-428.
- ↑ Mederos Martín, A. (2014). Páxina 426.
- ↑ Ruiz Trapero, M. "La investigación numismática desde la Cátedra de 'Epigrafía y Numismática' de la UCM". En Muñoz Serrulla, M. T. (2012). La Moneda: Investigación numismática y fuentes archivísticas. Madrid. Páxina 10. ISBN 978-84-695-4325-2
- ↑ Mederos Martín, A. (2014). Páxina 422.
- ↑ Mederos Martín, A. (2014). Páxina 421.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 Mederos Martín, A. (2014). Páxina 429, 422-425.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández, J. H. (2011). "Antonio Vives y Escudero (1859-1925)". En La nissaga catalana del món clàssic, Auriga, Barcelona. Páxinas 183-186. ISBN 9788461509928
- Martot, T. (2016). Antoni Vives Escudero (1859-1925). Col·leccionista, arqueòleg i acadèmic. Museu de Menorca, Maó. ISBN 9788460890874
- Mederos Martín, A. (2014). "Antonio Vives y Escudero, coleccionista, arqueólogo y primer catedrático de Numismática de la Universidad de Madrid". En In Amicitia. Miscel·lània d'estudis en homenatge a Jordi H. Fernández. Museu Arqueológic d'Eivissa i Formentera. Páxinas 417- ISBN 978-84-87143-53-3.