Ricardo Velázquez Bosco
Ricardo Velázquez Bosco, nado en Burgos o 21 de marzo de 1843 e finado en Madrid o 31 de xullo de 1923, foi un arquitecto español. Foi profesor do galego Antonio Palacios Ramilo.
Ricardo Velázquez Bosco | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Ricardo Velázquez Bosco |
Nacemento | 21 de marzo de 1843 e 1843 |
Lugar de nacemento | Burgos |
Falecemento | 31 de xullo de 1923 e 1923 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | antropólogo, arquitecto e arqueólogo |
Coñecido por | Escuela Superior de Ingenieros de Minas, Palacio de Velázquez, Casón del Buen Retiro e Headquarters of the Ministry of Education of Spain |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Practicou un historicismo eclecticista de corte academicista oposto ao modernismo. O seu estilo denomínase ás veces "eclecticismo enfático".
ObrasEditar
As súas obras caracterízanse por un tratamento rotundo de volumes, o emprego de mansarda e o uso de decoración cerámica nas fachadas dos seus edificios. Arquitectos como Antonio Palacios, que seguiu a súa tendencia monumentalista, víronse influídos polo seu estilo. Desenvolveu a maior parte da súa obra en Madrid, en cuxa Escola de Arquitectura deu clase.
As súas obras máis importantes son:
- Palacio de Velázquez (1881-1883), no Parque do Retiro de Madrid.
- Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas de Madrid (1884-1893).
- Pazo de Cristal do Retiro (1887), en Madrid.
- Palacio de Fomento (1893-1897), en Madrid, actual sede do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.
- Colexio Nacional de Sordomudos e Cegos de Madrid (1898), actual sede do Centro Superior de Estudos para a Defensa, CESEDEN.
- Escola de Cegos e Sordomudos de Santiago de Compostela (1905-1920), que en 1986 foi reformada como edificio de servizos administrativos da Xunta de Galicia.
- Ministerio de Educación (1917-1923), na rúa Alcalá de Madrid.
Como restaurador, traballou na Mesquita de Córdoba, a Catedral de León e o Mosteiro de La Rábida.
Galería de imaxesEditar
Palacio de Velázquez (1881-1883, Madrid) Foto por Paolo Monti.
Palacio de Velázquez (1881-1883, Madrid).
Ministerio de Agricultura (1897, Madrid).
Fachada oeste do Casón del Buen Retiro (Madrid).
Panteón da Duquesa de Sevillano (Guadalaxara, 1882-1916)
Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN), antigo Colexio Nacional de Sordomudos e Cegos (1887, Madrid)
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ricardo Velázquez Bosco |