Cuberta crebada
Unha cuberta crebada, cuberta en mansarda ou simplemente mansarda[1] é unha cuberta a dúas augas con dous declives, sendo a parte inferior máis pendente ca a superior[2]. Ás veces denomínase tellado francés por ser moi abundante este tipo de cuberta en Francia.
Porén o termo mansarda (tamén chamado de lucernario, lucarna ou lumieira) designa normalmente a fiestra disposta sobre a cuberta dun edificio formando unha especie de caseta, para iluminar e ventilar o faiado.
O nome mansarda provén do francés: mansarde, que á súa vez vén do arquitecto parisiense François Mansart (1598-1666), quen o popularizou en Francia, o seu sobriño neto Jules Hardouin Mansart deulle aínda máis sona ao utilizalo coma cuberta no Palacio de Versalles.
O recubrimento dos edificios mediante cubertas inclinadas xera un espazo, ás veces aproveitábel, denominado faiado. As mansardas típicas atópanse recuberta de tellas (as máis das veces en forma de escama), de lousas de xisto ou con chapas de cinc artisticamente cuñadas.
Por extensión, aplícase tamén o termo mansarda coma apelativo do propio faiado.
A casa tradicional galega poucas veces tiña unha cuberta con pendente de abondo para formar un faiado habitábel. Ao longo do século XX construíronse casas de cubertas de máis pendente para formar faiados, moitas veces con lucernarios. A finais de século comezaron a agromar as cubertas crebadas (non tradicionais en Galicia) para aproveitar máis espazo nos faios. A lei galega de construción non permite as cubertas crebadas nin a abertura de lucernarios ou mansardas nas cubertos agás as tipo velux[3].
Galería de imaxes
editar-
Diagrama da sección dunha cuberta crebada de estrutura de madeira; candansúa face ten o mesmo perfil.
-
O Edificio Simeón en Vigo remata nunha cuberta en mansarda.
-
Cubertas crebadas en París.
-
Teito con mansardas, Casa do Concello de Zürich, Suíza.
-
Mansardas en París
-
Mansardas no Edificio Germania Life, Nova York
-
Edificio Libertador, Buenos Aires
-
Cuberta en mansarda no Colegio Nacional de Buenos Aires', cidade de Buenos Aires, na Arxentina.
-
Tellado en mansarda nunha casa rural de Suecia.
-
Mansarda de madeira en Suecia.
-
Cuberta crebada nos Países Baixos.
-
Mansarda na Universidade do Uruguai.
Notas
editar- ↑ Denominacións en galego en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
- ↑ {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1136082&sinom=0 |título=Definición en Portal das palabras da [[RAG |data-acceso=28 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141028174339/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1136082&sinom=0 |dataarquivo=28 de outubro de 2014 |urlmorta=yes }}
- ↑ "Noticia en La Voz de Galicia na que se nomea a lei sobre a construción de cubertas e a prohibición do uso de [[lucernario|mansardas]].". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2014.
- ↑ "GUARDIAN LIFE INSURANCE COMPANY OF AMERICA ANNEX" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cuberta crebada |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Toman, Rolf (Edición), El Barroco: Arquitectura, Escultura y Pintura, Tandem Verlag, 2007, ISBN 978-3-8331-4659-6