Edificio Simeón

O edificio Simeón tamén chamado Almacenes Simeón, é un inmoble de estilo Modernista de comezos do século XX situado no centro da cidade de Vigo, Galicia. O edificio constitúe un dos mellores exemplos deste estilo arquitectónico na cidade olívica.

Edificio Simeón
Edificio Simeon, Vigo.JPG
Fachada principal do edificio Simeón, na Porta do Sol de Vigo
Edificio
EstiloModernista
LocalizaciónPorta do Sol coa rúa Doutor Cadaval e a calella da II República, Vigo (Galiza)
Coordenadas42°14′16″N 8°43′30″O / 42.237652, -8.725048Coordenadas: 42°14′16″N 8°43′30″O / 42.237652, -8.725048
Construción
Inicio1906
Construción1907
Remate1911
Dimensións
Plantas7 (planta baixa, entresollado, 3 andares, ático abufardado e faiado).
Equipo
Arquitecto(s)Irmáns Benito Gómez Román e Manuel Gómez Román
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

O inmoble naceu como proxecto para os Almacenes de Simeón García, encargado a Benito Gómez Román en 1906 sendo solicitada a licenza de construción en 1907.

O proxecto do edificio tiña a intención de aloxar no seu baixo a casa comercial Viúda e Hijos de Simeón García, e vivendas no resto do edificio con entrada nas fachadas laterais.

Pouco despois de aceptar o proxecto, o arquitecto caeu enfermo, polo que a responsabilidade de levar a cabo o proxecto caeu nas mans de Manuel Gómez Román, irmán de Benito. Xa que este non tiña o título de arquitecto a sinatura do proxecto sería a do seu irmán Benito.

Os traballos de construción do inmoble duraron catro anos, sendo rematadas as obras en 1911, ano no que o inmoble inaugurouse.

O edificio foi portada da revista estadounidense Time.

O inmobleEditar

O edificio ten catro andares dos cales o derradeiro é un faiado. A planta baixa, empregada como baixo comercial, ten un carácter suntuoso e monumental cunha excelente cantería en granito.

A fachada principal presenta unha composición ecléctica de carácter francés organizada a través dun corpo central acabado cunha cúpula. Como curiosidade destaca o galo esculpido na parte alta da fachada central do inmoble, influencia quizais da cultura francesa omnipresente no edificio.[1]

Nela atópase a entrada ao centro comercial a través dun fermoso soportal; é a que presenta unha maior profusión decorativa, sobre todo nos balcóns avultados no remate do corpo central, cun arco de medio punto peraltado e onde destaca o emprego do ferro con formas curvilíneas que lembran ao estilo Art Nouveau. As fachadas laterais presentan tamén unha composición ecléctica cunha alternancia de vans.

A decoración, elaborada en granito, é de estilo modernista cunha variada representación de flora e fauna. Os elementos decorativos sitúanse sobre todo nos sobredinteis, claves, ménsulas, remates das pilastras, balcóns etc. Cabe destacar o tratamento do rostro dunha muller cun pano na cabeza que aparece enmarcado na decoración vexetal, na clave do van central inferior; o remate das pilastras, no que aparecen pombas e formas vexetais; e as gárgolas de formas monstruosas. Segundo a tradición popular, a cara da anciá do pano esculpida na clave do lintel, é a nai do arquitecto e foi esculpida por el mesmo.[2]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar