Edificio El Moderno

O Edificio El Moderno é unha construción civil da cidade de Vigo, situada na número 1 da rúa Policarpo Sanz, facendo esquina coa rúa de Carral. É un dos edificios históricos máis significativos da cidade.

Edificio El Moderno
Vista xeral da fachada desde a Porta do Sol de Vigo
Tipoedificio Editar o valor en Wikidata
EstiloEcléctico de influencia francesa
Uso(s)Vivenda e sede social do Banco de Galicia
Localización
Mapa
 42°14′17″N 8°43′29″O / 42.237998, -8.724751
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloVigo Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRúa Policarpo Sanz coa rúa Carral, preto da Porta do Sol (Vigo, Galiza)
Datas
Inicio construción1897
Remate construción1902
Fundación1902 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
ArquitectoMichel Pacewicz
PromotorManuel Bárcena Franco, conde de Torrecedeira
Wikidata ]

Historia

editar

A súa construción promoveuna Manuel Bárcena Franco, Conde de Torrecedeira, co obxectivo de facer un edificio para vivendas de renda. O arquitecto ao que se encomendou o encargo foi o francés de orixe polaca Michel Pacewicz, que iniciou as obras en 1897 e rematounas en 1902. O edificio recibe o nome de "El Moderno" por un famoso hotel que estivo alí instalado,[1] e que recibía ese nome, creado en 1906 por Jesús Fernández Otero, primeiro tenente de alcalde de Vigo, e empresario que tamén explotaría o Hotel Continental. Foi renovado en 1953 polo produtor de cinema Cesáreo González, que lle deu o nome de Gran Hotel.

Construción e estilo

editar

Trátase dunha obra onde a influencia francesa é máis que evidente. O edificio consta de semisoto, planta baixa, entreplanta, tres plantas, e un ático baixo cuberta con óculos. Unha modificación en 1977, moi pouco respectuosa co edificio orixinal, modificou o interior por completo, a cuberta para sumar dous andares, e eliminou a cúpula de escamas cromáticas que coroa a rotonda do esquinal.[1]

A fachada a Policarpo Sanz é simétrica e ofrece unha composición de diferentes formas arquitectónicas,[2] distribuídas segundo as plantas, mesturando vans de diferentes alturas e anchuras, illados ou englobados entre grandes columnatas corintias, con frontóns neobarrocos partidos con volutas; tamén combina balcóns corridos e individuais, con petrís pétreos ou forxados, amofadillado con alternancia de perpiaños e dovelas resaltados mediante esgrafiado, arcos escarzanos, semicirculares, elípticos, e linteis fortemente decorados. Inspirado nun barroco rococó francés, pero con forte presenza modernistas nos ventanais e arcos rebaixados, así como a cúpula e os balcóns con pedra novelda. Destaca a perfección do traballo de cantaría, outra mostra máis do nivel de calidade alcanzado pola profesión en Vigo neses anos.

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcións Conde, p. 257.
  2. Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcións Conde, p. 257-258.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar