Porta do Sol de Vigo

praza en Vigo

A porta do Sol é unha praza situada na cidade de Vigo. Recibe ese nome por estar localizada nunha das sete portas de entrada á antiga cidade amurallada, concretamenta á orientada cara o nacemento do Sol.

Porta do Sol
Porta do Sol.
Tipopraza Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°14′17″N 8°43′31″O / 42.23792483, -8.7253072
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloVigo Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A porta do Sol é unha praza peonil, lixeiramente inclinada cara o leste, e que comunica coa praza da Constitución, a praza da Princesa e as rúas Príncipe, Policarpo Sanz, Elduayen, Doutor Cadaval, Segunda República e Carral.

A praza é un lugar icónico da cidade. Foi testemuña de grandes acontecementos de interese que tiveron lugar en Vigo, como a inauguración do alumeado de gas en 1789 ou as sepulturas de Ricardo Mella e Xosé García Barbón.[1] Na praza tamén se proclamou na cidade a Segunda República. É lugar de celebración de actos e concertos. Nela celébrase anualmente o acto de inauguración do alumeado de Nadal.

A porta do Sol é considerada o quilómetro cero da cidade.[2]

Historia

editar
 
Plano da cidade en 1856 de Francisco Coello, onde se pode observar a muralla.

A porta do Sol recibe dito nome por ser o lugar onde se localizaba unha das sete entradas ou "portas" da cidade, cando esta permanecía amurallada antes do seu derribamento definitivo en 1862. O nome de "porta do Sol" vén da orientación de dita entrada cara o leste, onde nacía o Sol.

O recinto amurallado foi construído no ano 1656 e financiado pola cidadanía viguesa e o rei Filipe IV. A muralla contaba con sete portas de entrada distribuídas por toda a muralla.

Primeira remodelación

editar

A finais do século XIX, realizouse unha primeira remodelación coa creación dun novo vial que conectase a porta do Sol co paseo de Afonso sen ter que arrodear a praza da Constitución anexa. Así, esta actuación permitiu converter unha rúa nun conato da praza que é na actualidade. Dita actuación foi liderada polo alcalde que daquela gobernaba a cidade, Manuel Bárcena Franco.

O Sereo

editar
Artigo principal: O Sereo.

A escultura do Sereo é unha figura antropomorfa do escultor cambadés Francisco Leiro no ano 1991. Eríxese no centro da praza e ten unha altura de 11 metros. O nome que o autor lle puxo a obra é Home Peixe.[3] É unha escultura que está influenciada polo León de San Marcos de Venecia.

Segunda remodelación

editar

Unha segunda remodelación máis contemporánea permitiu a practicamente completa peonalización da praza. Dita actuación aínda está a completarse,[cando?] e inclúe un túnel que comunica a rúa de Policarpo Sanz con Torrecedeira.

 
Edificio Simeón e escultura do Sereo.

Edificios singulares

editar

Galería de imaxes

editar
  1. "A Porta do Sol de Vigo cumpre 365 anos: esta é a súa historia.". Atlántico Diario. Consultado o 30 de xuño de 2024. 
  2. "Porta do Sol". Concello de Vigo. Consultado o 30 de xuño de 2024. 
  3. «"Tempo" de Leiro en el campus» Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine.: ""Se llama Sireno porque la gente así lo decidió al verla pero yo no le puse ese nombre sino que le llamé Home Peixe…"

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar