Praza da Constitución (Vigo)

praza en Vigo

Coordenadas: 42°14′19″N 8°43′34″O / 42.238602154251, -8.7260494475813

A praza da Constitución é unha praza situada na cidade de Vigo. Trátase dunha praza peonil, de chan empedrado e con edificios caracterizados pola presenza de soportais e balcóns de forxa. Constitúe un dos principais centros gastronómicos da cidade. No centro da praza eríxese un faro de metal con cinco lámpadas.

Praza da Constitución
Localización
LocalidadeVigo

A praza é tradicionalmente coñecida por ser o lugar onde se celebraba o mercado agrícola da cidade, especialmente o comercio dos excedentes (ovos, froitas e hortalizas) que os pequenos agricultores e gandeiros vendían.

A praza de Argüelles era a da herba. A praza da Princesa era a do peixe. A de Calatrava era a da leña. E a praza da Constitución enchíase de produtos agrícolas.

Nela sitúase a que outrora fora a antiga casa consistorial viguesa, un edificio singular construído en 1862 que actualmente alberga a Casa Galega da Cultura.

A praza comunica coa remodelada Porta do Sol e coas rúas Joaquín Yáñez, Cesteiros, Sombrereiros e do Triunfo.

Edificios singulares

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar