O Sereo

escultura en Vigo

O Sereo[1] (coñecido as máis das veces coma O Sireno[2]) é unha escultura realizada polo escultor cambadés Francisco Leiro que se atopa no centro da Porta do Sol, no centro da cidade de Vigo, fronte ao Edificio Simeón. O nome que o autor lle puxo a obra é Home Peixe.[3]

O Sereo
O Sereo visto dende as rúas Policarpo Sanz / do Príncipe.
Presentación
LocalizaciónVigo
DirecciónPorta do Sol
TipoEscultura
Construción
Data da construción1991
Equipo
EscultorFrancisco Leiro

Descrición

editar

Ergueuse no ano 1991, xunto con moitas outras esculturas da cidade, coma Os cabalos da Praza de España, a Porta do Atlántico nas Travesas (Praza de América), O rapto de Europa en Samil ou o Monumento ao traballo na Gran Vía. É xa unha icona da cidade, porén unha das obras máis polémicas que divide en opinións a cidadanía de Vigo.[Cómpre referencia] A figura antropomorfa, o Sereo en si, está realizado en aceiro inoxidable e representa un personaxe imaxinario híbrido entre peixe e home. Non ten brazos, mais si pernas e pés, unha gran testa cun gran nariz e escamas polo corpo. Aséntase sobor dúas columnas de granito negro puído de 11 metros de altura.[4] O Sereo vixía a cidade e olla o porto e o mar de Vigo a través da rúa Carral.[5]

Galería de imaxes

editar
  1. Ficha da escultura en Turismodevigo.org.
  2. Na propia placa da escultura colocada polo Concello de Vigo aparece o castelanismo
  3. «"Tempo" de Leiro en el campus» Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine.: ""Se llama Sireno porque la gente así lo decidió al verla pero yo no le puse ese nombre sino que le llamé Home Peixe…"
  4. Hoxe.vigo.org
  5. Turismodevigo.org
  6. «Patrimonio diseña un circuito urbano por los edificios históricos del centro de la ciudad»