Modio da Ponte Puñide

vaso cilíndrico de bronce do século IV

O modio de Ponte Puñide é un vaso cilíndrico de bronce datado no século IV, achado no ano 1913 no lugar da Ponte Puñide, no concello do Pino. Está exposto no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid.

Modio de Ponte Puñide

O vaso era empregado polos romanos coma unidade de medida de áridos, particularmente o trigo. A importancia deste modio (latín: modius) atópase na inscrición que recolle a mención dos principais (curiae) das cidades, que estaban ao cargo de recolectar os impostos entre os habitantes dos núcleos urbanos[1] en tempos dos emperadores Valentiniano I (364-375), Valente (364-378) e Graciano (375-383), que estiveron vencellados ao poder entre 367 e 375.

O modio como unidade de medida equivalía 8,6666 litros aínda que o Modio de Ponte Puñide mide case 10 litros[2] e ten un peso de 6,800 kg.

Texto da inscriciónEditar

M O D I I L (E X), IVXTA
SACRAM IVSSI [ON] EM
DOMINORVM NOSTRORUM
VALENTINIANI VALENTIS ET
GRATIANI INVICTISSIMORVM
PRINCIPVM, IVBENTE
MARIO ARTEMIO
V (IRO) C (LARISSÍMO) A [G] (ENTE)
VIC (ARIAM) P (RAEFECTVRAM) (i),
C V R (A N T I B V S) POTAMIO
ET QUENTIANO PRINCIPALIBVS.

NotasEditar

  1. . Juan José Sayas Abengoechea, Historia Antigua de España (II). Uned 2001 ISBN 84-362-4398-6. Páx. 109.
  2. García Romero, Celestino. Real Academia Galega, ed. "El modio romano y el modio de Gonzar.". Consultado o 4 de abril de 2020. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar