Xoan Piñón
Xoan Piñón, nado na Coruña en 1951, é un fotógrafo profesional e músico galego. É membro de DOA, participou ademais en N.H.U..
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 (72/73 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | músico, fotógrafo |
Traxectoria
editarLicenciouse en Medicina en 1975 pola Universidade de Santiago de Compostela. Fotógrafo autodidacta desde 1977, deuse a coñecer coa serie "Iluminados". Nos seus comezos combinou o deseño gráfico coa fotografía. A partir de 1982 alterna a fotografía profesional coas súas coleccións de autor. A súa obra é variable en contidos e forma; unha inquedanza pola experimentación, unha busca da interiorización no retrato e unha narrativa sincera e poética, conviven con mergullamentos nos mundos mais inhóspitos do inconsciente humano.
Músico vocacional, membro fundador do grupo DOA, toca a guitarra, laúde e a mandolina. Tamén colaborou con outros artistas.
Premios
editar- Premio Accesit da Critíca (Vigo) 1982
- Premio Lux Prata Moda 1995
- Cofundador do grupo de fotógrafos galegos "Canbranco" "Primeira Fotobienal Vigo"
- Cofundador do colectivo "Novos Fotografos Coruñeses"
Obra fotográfica
editarColeccións
editar- Iluminados (1977 a 1985)
- Luz Coherente (1986)
- Inmateriais (1987)
- Nova York (1987)
- Galicia Terra Nai (1993)
- 10 Anos de Moda (1985 a 1995)
- A Memoria Recobrada (1997)
- Momentos de Cine (1997)
- Espirais (1994 inacabada)
- Dez Outonos no Courel (1994 - 2004)
- A Paisaxe Humana (2003)
- Extractos (2005)
- A Horta de Carnati (2006- 2007)
- 1979: O Son da Estrela Escura (Ruada) reeditado 2003 en SON de Galicia (La Voz de Galicia)
- 1984: Polaridade (Sociedade Fonográfica Asturiana / Ión Producións) reeditado por Ye Records Dous Acordes SL. no 2002
- 2002: Arboretum (DOA, Xingra)
- 2006: A fronda dos cervos (DOA, Mare producións)
- 2011: A fronda dos cervos (DOA, Fol Música)