Eduardo Villardefrancos

empresario cinematográfico galego

Eduardo Villardefrancos Rodríguez, nado na Coruña en 1874 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1939, foi un empresario cinematográfico galego.[1]

Infotaula de personaEduardo Villardefrancos
Biografía
Nacemento1874 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 1939 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi fillo de Eduardo Villardefrancos Pardo de Andrade e alumno do pintor Luís Álvarez. Estudou en París Belas Artes. Traballou de profesor de debuxo e foi tamén libreiro, pero en xullo de 1908 abriu na Coruña o salón París. No salón París realizábanse diferentes espectáculos, e posteriormente, dende finais de 1911, adicouse exclusivamente á proxección de filmes. Esta sala foi a primeira sala de cine estable de Galicia, e unha das máis importantes da Coruña durante as primeiras décadas do século XX.[1]

Tamén se adicou á produción e a traballar como operador de filmes, gravando varias reportaxes sobre acontecementos sociais da cidade da Coruña. Algúns dos que se proxectaron foron: La Semana Santa en La Coruña (1911), Torneo de foot-ball (1911), Llegada y salida del tren rápido de La Tribuna y banquete con los periodistas locales (1912), Gran concurso hípico coruñés (1912) ou La botadura del Alfonso XIII (1913).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Entrada “Villardefrancos, Eduardo” na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar