Eduardo Rosales

artista español (1836-1873)

Eduardo Rosales Gallinas, nado en Madrid o 4 de novembro de 1836 e finado ibídem o 13 de setembro de 1873, foi un pintor español.[1]

Infotaula de personaEduardo Rosales

(1867) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1836 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de setembro de 1873 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Justo de Madrid (1902–) 40°24′07″N 3°43′44″O / 40.401867, -3.728775 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando
Escolas Pías de San Antón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo España Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoQ44506816 Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaximina Martínez de Pedrosa (1868–)
FillosCarlota Rosales Martínez de Pedrosa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo segundo dun modesto funcionario, que estudou nas escolas Pías de San Antón. Ingresou en 1851 na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, onde foi alumno de Federico Madrazo.

Chegou a Roma en outubro de 1857, polos seus propios medios e sen axuda oficial, aínda que máis tarde conseguiría que lle concedesen unha pensión extraordinaria. Uniuse ao grupo de pintores españois que se reunían no Antico Caffè Greco (Casado do Alisal, Dióscoro Poboa, Fortuny). Alí comezou a asociarse cos círculos puristas nazarenos, pero pronto abandonou esa tendencia, na que realizou a súa primeira obra de importancia, Tobías e o anxo. De seguido interesouse por un estilo máis realista, no que realizou a súa grande obra mestra, Dona Isabel a Católica ditando o seu testamento, conservada no Museo do Prado. Acudiu con ela á Exposición Universal de París de 1867 e logo volveu a Roma, onde chegoulle un telegrama dos seus amigos, o paisaxista Martín Rico e Raimundo de Madrazo, dándolle a noticia do éxito alcanzado polo seu cadro: primeira medalla de ouro para estranxeiros. Concedéronlle tamén a Lexión de honra.

Casou en 1868 coa súa curmá Maximina Martínez Pedrosa e tivo dúas fillas, das que lle sobreviviu unha, Carlota. Á maior, Eloísa, morta ao pouco tempo de nacer, pode verse no cadro Primeiros pasos. Na procura de mellorar a súa saúde, pois estaba enfermo de tuberculose, pasaba tempadas en Panticosa. En 1869 regresa definitivamente de Roma e pon estudo en Madrid. As duras críticas que recibiu a súa obra A morte de Lucrecia (1871) o desanimaron e non volveu pintar cadros de gran formato.

En 1872, buscando un mellor clima para a súa afectada saúde, trasladouse a Murcia. Ao proclamarse a Primeira República española, ofrecéronlle diversos cargos, como director do Museo do Prado ou da Academia de España en Roma, os cales non puido aceptar debido ao seu mal estado de saúde. Morreu na súa casa da rúa de Vállame Deus nº 3, en Madrid, con apenas trinta e seis anos de idade.[2] Enterrado no cemiterio de San Martín, posteriormente os seus restos foron trasladados ao Panteón de Homes Ilustres da Asociación de Escritores e Artistas Españois, na Sacramental de San Justo.[3]

 
O violinista Ettore Pinelli, óleo sobre lenzo, 100 x 75 cm, Museo do Prado, 1869.

Pintou acuarelas, debuxos e numerosos retratos. A súa obra máis coñecida é de temática histórica. As súas primeiras obras son máis ben puristas, aínda que posteriormente desenvolveu unha pintura máis persoal, cunha pincelada solta e abocetada, inspirada na obra de Velázquez, tal e como recoñeceron pronto os seus primeiros críticos.

En 1922, foi inaugurada, en homenaxe a este pintor, unha grande estatua, esculpida por Mateo Inurria, no paseo de Eduardo Rosales, en Madrid. En 1973, o Museo do Prado dedicoulle a primeira exposición antolóxica dedicada por esa importante institución a un pintor español do século XIX.

Obras editar

  • Tobías e o anxo, inacabado, Museo do Prado.
  • Pascuccia, Museo do Prado.
  • Angelo, Museo Nacional de Artes Visuais, Montevideo, Uruguai. Esta obra considerouse durante moitos anos ilocalizada.
  • Nena (1862), mención especial na Exposición Nacional de 1863, en colección particular.
  • Dona Isabel a Católica ditando o seu testamento, Museo do Prado, primeira medalla na Exposición Nacional de 1864. É o seu primeiro gran cadro, a súa obra máis coñecida, na que investiu máis dun ano e medio.
  • A morte de Lucrecia, Museo do Prado, é o seu segundo gran cadro histórico, cuxa realización lle levou tres anos. Presentada á Exposición de 1871, obtivo a súa primeira medalla.
  • Dona Branca de Navarra entregada ao Captal do Buch (sen localizar).
  • Muller saíndo do baño, Museo do Prado.
  • Retrato do violinista Pinelli, Museo do Prado.
  • Retrato de Conchita Serrano, filla do xeneral Serrano, Museo do Prado (h. 1872).

Galería editar

Notas editar

  1. "D. Eduardo Rosales" 17 (42). Madrid. ISSN 1889-8394. 
  2. Répide. María Isabel Gea, ed. Las calles de Madrid. Madrid: Ediciones La Librería. ISBN 9788487290909. 
  3. Répide, Pedro de (1914). "Los cementerios viejos" (44). Madrid. ISSN 1577-0389. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Juan Chacón Enríquez, Eduardo Rosales, Madrid, ed. Blass, 1926.
  • Antonio Cánovas, Eduardo Rosales, Madrid, 1927.
  • Bernardino de Pantorba, Eduardo Rosales, Madrid, 1937.
  • Gregorio Prieto, Eduardo Rosales, Madrid, Ed. Afrodisio Aguado, 1950.
  • Francisco Pompey, Rosales, Madrid, 1953.
  • Xavier de Salas (ed.), Exposición Eduardo Rosales, Museo do Prado, Padroado nacional de Museos e Universidade de Granada, 1973.
  • Juan Antonio López Delgado, Un tempo xuvenil do pintor Rosales: 1856–1857, Murcia, 2003, ISBN 84-607-6784-1.
  • Juan Antonio López Delgado, Eduardo Rosales en Murcia, Murcia, 1999, ISBN 84-88131-11-9.
  • José Luís Díez e outros, Eduardo Rosales. Debuxos. Catálogo razoado, Santander, Fundación Marcelino Botín, 2007, ISBN 978-84-96655-07-2 .
  • Dicionario de arte, Pintores do século XIX, Editorial LIBSA, 2001. ISBN 84-7630-842-6.
  • Gómez-Moreno, M. E., «A pintura española no século XIX. Do romanticismo ao naturalismo. Os xenios malogrados», Antoloxía de Summa Artis, Espasa calpe, S.A., 2004. Tomo X: ISBN 84-670-1361-3

Ligazóns externas editar