Xulia Minguillón
Xulia Minguillón Iglesias, nada en Lugo o 17 de xullo de 1906 e finada en Madrid o 22 de agosto de 1965, foi unha pintora galega. A súa linguaxe pictórica reflicte o gusto da España de posguerra. A súa obra pertence a unha figuración realista, con escenas cotiás, intimistas, amables e de carácter popular.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1906 Lugo, España |
Morte | 22 de agosto de 1965 (59 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | pintora |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Francisco Leal Insua |
Traxectoria
editarPasou a infancia en Vilanova de Lourenzá, onde seu pai era farmacéutico, e en Castela. De volta en Lugo, estudou na Escola de Artes e Oficios. Máis tarde mudouse a Madrid para estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando grazas a unha bolsa da Deputación de Lugo.[3]
Expuxo por primeira vez no Concurso Nacional de Retratos de 1933, xénero que seguiu cultivando, adoito por encargas. O ano seguinte obtivo a terceira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes cunha composición relixiosa, Xesús con Marta e María, gabada por Ignacio Zuloaga.
Coa chegada da guerra civil española regresou á casa paterna en Lourenzá e permanece alí durante a contenda. En 1939 casou co xornalista e escritor Francisco Leal Insua.
Volveu participar na Exposición Nacional de Belas Artes en 1941, na que gañou a medalla de ouro con Escola de Doloriñas,[4] obra representativa da realidade galega do momento. Foi a única muller en obter dito galardón en calquera das categorías das Exposicións Nacionais, celebradas entre 1856 e 1968.[5] O ano seguinte a Escola de Doloriñas foi exposta na Bienal de Venecia. O seu éxito foi medrando ao ser recoñecido o seu cadro Xuventude co premio do Círculo de Belas Artes de Madrid en 1948.
En 1949 o seu home foi nomeado director do xornal Faro de Vigo, polo que se trasladan á cidade olívica, onde seguiu pintando. Amais de expoñer en Vigo e Madrid, viaxou a París e mais a Suramérica.[6]
Minguillón formou parte dunha xeira de artistas galegas ligada aos movementos de vangarda, como Maruxa Mallo e Elena Gago.[7]
Recoñecemento
editarAs localidades de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Vilanova de Lourenzá e Vigo teñen rúas co seu nome.
Notas
editar- ↑ "Xulia Minguillón | Álbum de mulleres | culturagalega.org". culturagalega.gal. Consultado o 2020-06-20.
- ↑ "Minguillón Iglesias, Julia - Museo Nacional del Prado". www.museodelprado.es. Consultado o 2020-06-20.
- ↑ "Administración Provincial". Boletín Oficial de la Provincia de Lugo (en castelán). 25-XI-1927.
- ↑ Rodríguez González, Miguel Anxo (2022-12-29). "Mujeres artistas en las colecciones de los museos gallegos. Un análisis desde el presente". Her&Mus. Heritage & Museography (en castelán). Vol. 23 (2022): Vol. 23: 67–88 Pàgines. doi:10.34810/HERMUSV23ID399999.
- ↑ Esquivias, Óscar (16-IX-2016). "Julia Minguillón en el Reina Sofía". 20 minutos (en castelán).
- ↑ "JULIA MINGUILLÓN - Afundación". www.afundacion.org. Consultado o 2020-06-20.
- ↑ "La mujer del cine Avenida". La Opinión Coruña (en castelán). 29/7/2011.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Campoy, A. M.: Diccionario crítico del arte español contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1973.
- Carballo Calero, Mª Victoria: Xulia Minguillón. A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 1984.
- Chamoso Lamas, Manuel: «Arte» en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer, 1976.
- Diego; Sobrino; Sarmiento (1995). A arte inexistente: as artistas galegas do século XX (PDF). Auditorio de Galicia.
- Pablos, Francisco: Colección Adriano Marques de Magallanes. Concello de Vigo, 1992.
- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
- Carballo Calero, Mª Victoria: Catálogo de pintura do Museo Provincial de Lugo. Lugo, 1960.
- VV. AA.: Un siglo de pintura gallega, 1880/1980. Buenos Aires, Museo Nacional de Bellas Artes, 1984.
- VV. AA.: Mujeres en el arte español. Madrid, Centro Conde Duque, 1984.
- Pantorba, Bernardino de: Historia y crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes. Madrid,1980.
- Ilarri Gimeno, Ángel: Catálogo do Pazo Museo Quiñones de León. Vigo, Concello de Vigo 1978. Arte galega en Caixa Galicia. Santiago, Caixa Galicia 1992.
- Gaya Nuño, J. A.: La pintura española del siglo XX. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1970.
- Minguillón, Julia: Catálogo da Exposición Antolóxica. Fundación Caixa Galicia, 1992.
- Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 1987.