Luis Quintas Goyanes
Luis Quintas Goyanes, nado en Santiago de Compostela en 1907 e finado na Coruña o 25 de febreiro de 1987,[1] foi un pintor galego e VIII marqués de Almeiras.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Santiago de Compostela, España |
Morte | 25 de febreiro de 1987 (79/80 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Membro de | |
Foi curmán de Juan José Barcia Goyanes.
Traxectoria
editarNaceu en Compostela mais viviu sempre na Coruña. Iniciouse na pintura a idade temperá e foi discípulo de Castelao[2].
En 1925 participou na Exposición Nacional de Belas Artes. Obtivo a praza de catedrático de Debuxo na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da Coruña e foi profesor de debuxo no instituto Eusebio da Guarda. O seu prestixio permitiulle ingresar na Real Academia Galega de Belas Artes e ser nomeado director do Museo Provincial de Belas Artes da Coruña, cargo que ocupou durante 17 anos. Neste tempo promoveu a adquisición de novos fondos, a restauración de cadros danados e a organización de destacadas exposicións.
Quintas Goyanes distinguiuse especialmente como retratista. Destacan os seus retratos de varios alcaldes coruñeses e o de Xoán Carlos I que se conservan no palacio de María Pita[3], así como os que fixo do tenor Miguel Fleta, un dos cales se conserva no Teatro Real de Madrid[4]. Foi ademais un magnífico paisaxista da natureza galega e a súa actividade artística tamén abrangueu a ilustración de pergameos, libros e carteis[5].
Recoñecementos
editarFoi membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Concedéuselle a encomenda con placa de Afonso X o Sabio e ostentou o título de VIII marqués de Almeiras.[6] Unha rúa do polígono residencial de Matogrande, na Coruña, leva o seu nome desde 1994.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 26-2-1987, p. 23
- ↑ "Luís Quintas Goyanes | Concello de Culleredo". www.culleredo.es. Consultado o 2020-07-08.
- ↑ Inventario das dependencias municipais do Concello da Coruña. Pinturas.
- ↑ "Quintas Goyanes". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-05-26. Consultado o 2020-07-08.
- ↑ "Pintor Quintás Goyanes: El pintor que inició a muchos artistas". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2020-07-08.
- ↑ "Persona - Quintas Goyanes, Luis (1907-1987)". PARES. Consultado o 2020-07-08.